Non confundir con Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963), o fillo.

Jenaro de la Fuente Domínguez, nado en Valladolid o 19 de setembro de 1851 e finado en Vigo o 21 de agosto de 1922, foi un arquitecto de facto e militar español que desenvolveu a súa actividade en Vigo.Eclecticismo pleno (1880-1910) en vigoenfotos.com de Javier Albertos .

Traxectoria Facultativo Mestre Titular de Obras, tenente de Enxeñeiros Militares, procedente de Ferrol, chegou a Vigo en 1874, onde traballaría, como funcionario do concello, de director facultativo de Obras Municipais.

Exerceu de profesor de debuxo aplicado á ornamentación, modelaxe e baleirado na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Autodidacta e ecléctico, non tiña o título de arquitecto. En 1905 a Xunta de Arquitectos de Madrid solicitou ao Ministerio da Gobernación que fose separado do posto e en 1907 a Asociación de Arquitectos de Galicia presentou unha querela criminal contra el, sendo condenado polo Tribunal Supremo. Porén o anterior, o concello apoiouno sempre.

Casou en 1886 con Isolina Álvarez y Moyano, coa que tivo catro fillos. Ao seu pasamento ocupou o seu posto de arquitecto municipal o seu fillo Jenaro, arquitecto titulado. miniatura|175px|Casa Ledo, 1893. Os seus restos descansan nun panteón deseñado por el mesmo no cemiterio de Pereiró e ten unha rúa adicada na cidade.

Obra en Vigo miniatura|175px|Casa de Álvaro López Mora n.º 31, 1910. Entre outra, é destacable a seguinte:

Casas para Manuel Bárcena, construídas entre 1879 e 1884, sede do Centro Social Afundación Vigo.Casas de Bárcena na páxina do concello. Edificio Rubira, 1880, Avda. de García Barbón esquina Colón, desaparecido en 1967.Edificio Rubira en Arquitectura y Urbanismo de Vigo. Casa Bernardo Rodríguez López, 1883, rúa Colón esquina Príncipe.Casa Bernardo Rodríguez López en Turgalicia. Hotel Universal, 1888, rehabilitado no ano 2004.Hotel Universal na páxina do concello. Casa de Pedro Román, 1889. Anteriormente casino e Almacenes Ferro e Biblioteca Central dende 1995.Casa Pedro Román en Turgalicia. miniatura|175px|Casa de Pardo Labarta, 1911. Casa Ramón Arbones Carballido, 1892, na Rúa Elduayen, edificada polo construtor Antonio González Romero.Casa Ramón Arbones en Turgalicia. Casa Prudencio Nandín, construído en dúas fases, 1892 e 1900, na Praza de Compostela.Casa Prudencio Nandín en Turgalicia. Casa Ledo, 1893, na Porta do Sol. Casa de Felipe Collazo, 1904, na esquina da Avda. de Montero Ríos coa Rúa Concepción Arenal.Casa de Felipe Collazo en Turgalicia. Casa Rosendo Silva, proxectada en 1907 xunto con Pacewicz, na P.a de Compostela esq. Concepción Arenal.Casa Rosendo Silva en Turgalicia. Casa González Salgado, 1909, na avenida de Montero Ríos.Casa González Salgado en Turgalicia, Casas para Álvaro López Mora, 1908-1910, na Rúa Colón, n.os 29 e 31.Casas para Álvaro López Mora en Turgalicia. Casa de Eduardo Pardo Labarta, 1911. Edificada polo mestre canteiro José Araujo Pérez.Casa de Pardo Labarta Casa de Pardo Labarta en Turgalicia. Edificio Bonín, 1911, construído polo vigués, Antonio González Romero.Edificio Bonín na páxina do concello. Casa de Benigno e Camilo Fernández, 1913, na rúa Urzáiz.Casa de Benigno y Camilo Fernández en Turgalicia. Ampliación da fábrica La Metalúrgica, 1917, na rúa García Barbón.Obra orixinal en 1900 de José Barreras Massó.

Ten moita obra conservada en Bouzas.

Obras na provincia de Pontevedra Casa do poeta Luis A. Mestre no Grove, 1895. Casa do concello de Gondomar, 1902.Jenaro de la Fuente, según Jaime Garrido Gran Hotel de Mondariz. Balneario de Caldas de Reis, 1906.La huella de Jenaro de la Fuente Pazo de Lourizán en Pontevedra, 1909. Chalé de Augusto González Besada en Poio, 1913.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1991): Vigo. La ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada, Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-66-1. (2000): Arquitectura da pedra en Vigo''. Produción Galaxia, edición Construcciones Conde, Vigo. ISBN 84-605-9897-7. (2016): Jenaro de la Fuente Domínguez. El gran artífice del Ensanche vigués y su abundante obra arquitectónica. IEV. ISBN 978-84-89599-62-9.

Outros artigos Jenaro de la Fuente Álvarez Ligazóns externas

Arquitectura y Urbanismo de Vigo

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos