Xosé Couceiro Bugallo, nado en Santo André de Souto (A Estrada) en 1963 e finado o 23 de maio de 2009, foi un músico e escritor galego
Traxectoria Estudou na Estrada e en Santiago de Compostela, cousa que mesturou cos traballos decotío, na casa de labranza na que se criou. O agasallo dunha gaita levouno a dedicarse ao seu estudo e a se interesar pola cultura do país. Logo da ditadura franquista, nos seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros escritos en galego e co–fundou o primeiro grupo de música tradicional chamado "Airiños da Baiuca". Dende aquela sempre estivo activo no mundo músico- cultural, colaborando na fundación, e sobre todo na didáctica, de máis dunha ducia de formacións, hoxe en día vixentes as máis delas. Compuxo varias pezas para gaita e algún cantar. Exerceu como instrutor de música tradicional, maiormente de gaita e como artesán.
Obra Dende os anos 90 abondou un pouco máis a escritura, por iso a súa obra permanece case toda inédita.
O meu brado mariño (Ed. Fervenza, 2004).
Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes