Xosé Xoán Fernández da Ponte, nado en Tabeirós (A Estrada) o 17 de xullo de 1901 e finado na Baña o 26 de setembro de 1989,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-9-1989, p. 66. foi un poeta e docente galego, autor de obras en galego e castelán.
Traxectoria Fillo de Manuel Fernández Caramés. Fixo os estudos de mestre en Santiago de Compostela rematándoos en 1919, con 18 anos e, ao non poder opositar pola idade, exerceu o ensino privado primeiro en Lalín e posteriormente durante tres anos no colexio Cuba da Baña. Aprobou as oposicións de 1923 e foi destinado á escola de Vinseiro, que rexentou durante nove anos. Durante a súa estadía como mestre en Vinseiro foi Secretario do Sindicato Agrícola Unión de Vinseiro y Cereijo e foi director interino do xornal estradense El Emigrado de outubro de 1932 a abril de 1933. Foi nomeado “Socio de Honor” pola Sociedad Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba en 1932. Promoveu un premio en 1934 para incentivar a asistencia dos nenos á escola que acabou levando o seu nome (Premios Fernández da Ponte). En 1934 foi destinado a Noia por concurso, onde exerceu ata a súa xubilación en 1971. Foi director do Grupo Escolar de Noia.
Actividade literaria Comezou publicando poemas en El Emigrado, Vida Gallega, El Compostelano, La Noche e Tapal. asinaba ás veces co pseudónimo Zenón de FerjasEl Emigrado, 30-4-1928, p. 1.. A súa obra poética, en galego e en castelán foi recompilada e publicada co título Latexos pola Editorial Celta en 1979.
Obras Latexos, 1979. Noesba, 2001.
Recoñecementos En 1963 foille concedida a Cruz de Alfonso X el Sabio, que lle foi entregada nunha homenaxe popular en xullo de 1964. Unha rúa de Noia leva o seu nome. O 31 de agosto de 2002 os veciños de Tabeirós rendéronlle unha homenaxe e descubriron unha placa na súa casa natal."Tabeirós rindió homenaje al maestro José Fernández",La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 1-9-2002, p. L6. Vida persoal Casou coa mestra María Asunción García Amigo, filla do médico da Baña Baltasar García Seoane, o 15 de decembro de 1934. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Letras estradenses
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Nados na Estrada
Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes