Brest (en belaruso Брэст ou tradicionalmente Берасце, Bierascie) é unha cidade de Belarús na fronteira con Polonia e a carón de Terespol, onde o río Bug Occidental e o Mukhavets se atopan. É a cidade capital da Rexión de Bierascie.
A cidade de Brest é un lugar histórico de diversas culturas. En Brest foron redactados importantes documentos históricos como a Unión de Brest e o Tratado de Brest-Litovsk. A fortaleza da cidade foi recoñecida pola Unión Soviética como "Fortaleza Heroica", unha distinción única.
Durante a era medieval, foi parte do Reino de Polonia dende o século X ata as Particións de Polonia, cando formou parte do Imperio Ruso en 1795. Porén, despois da primeira guerra mundial, a cidade volveu ser retomada por Polonia. Na segunda guerra mundial, a cidade foi tomada temporalmente polos nazis. Após a guerra, a cidade formou parte da Unión Soviética ata a independencia de Belarús en 1991.
Demografía
Cidades irmandadas Brest está irmandada coas seguintes cidades: Oryol Moscova Nizhny Tagil Astrakán Kovrov Tyumen Petrozavodsk San Petersburgo (Nevski rayon) Lutsk Ivano-Frankivsk Odesa Lublin Biała Podlaska Siedlce Terespol Pleven Botoşani Coevorden Xiaogan Port-sur-Saône Schussental (Weingarten, Ravensburg, Baienfurt, Baindt, Berg) Alepo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Brest
Categoría:Cidades de Belarús Categoría:Rexión de Brest, Belarús