Walter John Matthow, coñecido como Walter Matthau, nado en Nova York o 1 de outubro de 1920 e finado en Santa Monica (California) o 1 de xullo de 2000, foi un actor estadounidense.
Traxectoria Fillo dunha parella de xudeus inmigrantes, comezou a actuar nun campamento.
Durante a segunda guerra mundial serviu nas forzas aéreas, acadando o grao de sarxento. Acabada a guerra tomou clases de interpretación en Nova York. Tras aparecer no episodio piloto da serie Mr. Peepers en 1952, debutou no cinema en The Kentuckian, con Burt Lancaster.
O seu primeiro papel nunha comedia foi no teatro en 1965, na obra The Odd Couple, de Neil Simon con Art Carney. Cando a obra foi levada ao cinema repetiu o papel, pero esta vez con Jack Lemmon
En 1966 gañou o Oscar ó mellor actor secundario por En bandexa de prata, a primeira das súas colaboracións con Billy Wilder.
Filmografía Ano Filme1955The Kentuckian1955The Indian Fighter1956Bigger Than Life1957A Face in the Crowd1957Slaughter on Tenth Avenue1958King Creole1958Voice in the Mirror1958Ride a Crooked Trail1958Onionhead1960Gangster Story1960Strangers When We Meet1962Lonely Are the Brave1962Who's Got the Action?1963Island of Love1963Charada1964O alférez Pulver1964Fail-Safe1964Adeus, Charlie1965Mirage1966En bandexa de prata1967A Guide for the Married Man1968Extraña parella1968The Secret Life of an American Wife1968Candy1969Hello, Dolly!1969Flor de cacto1971A New Leaf1971Plaza Suite1971Kotch1972Pete 'n' Tillie1973The Laughing Policeman1973Charley Varrick1974The Taking of Pelham One Two Three1974Earthquake1974The Front Page1975The Sunshine Boys1976The Bad News Bears1978Casey's Shadow1978House Calls1978California Suite1980Little Miss Marker1980Hopscotch1981First Monday in October1981Buddy Buddy1982I Ought to Be in Pictures1983The Survivors1985Movers & Shakers1986Piratas1988The Little Devil1988The Couch Trip1991JFK1993Dennis the Menace1993Grumpy Old Men1994I.Q.1995The Grass Harp1995Grumpier Old Men1996I'm Not Rappaport1997Out to Sea1998The Odd Couple II1998Love After Death2000Hanging Up
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Finados por cancro colorrectal