Paenibacillus polymyxa (tamén coñecido como Bacillus polymyxa) é unha especie de bacterias grampositivas con capacidade de fixación do nitróxeno. Atópase no solo, raíces de plantas e sedimentos mariños. Algunhas cepas desta especie foron illadas dos intestinos do bacallau na Universidade de Tromsø en 2009. A bacteria estivo incluída no xénero Bacillus ata que se propuxo a súa reclasificación no novo xénero Paenibacillus en 1993.Ash C, Priest FG, Collins MD: Molecular identification of rRNA group 3 bacilli (Ash, Farrow, Wallbanks and Collins) using a PCR probe test. Proposal for the creation of a new genus Paenibacillus. Antonie Van Leeuwenhoek 1993, 64:253-260.

Condicións de crecemento P. polymyxa pode cultivarse no laboratorio no medio TSAg.

Aplicacións

Uso agrícola P. polymyxa utilízase como inoculante do solo en agricultura e horticultura. As biopelículas de P. polymyxa crecen nas raíces das plantas, onde producen exopolisacáridos que protexen as plantas dos patóxenos. As interaccións entre estas especies bacterianas e as raíces das plantas tamén causan que os pelos radicais sufran cambios físicos.

Antibióticos Algunhas cepas de P. polymyxa producen o antibiótico polimixina, que son complexos surfactantes. Os complexos surfactantes illados de P. polymyxa son efectivos para alterar as biopelículas formadas por Bacillus subtilis, Micrococcus luteus, Pseudomonas aeruginosa, Staphylococcus aureus e Streptococcus bovis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Taxonomía de UniProt PATRIC: Paenibacillus polymyxa

Categoría:Bacillales