Edith Holm Sondergaard, coñecida como Gale Sondergaard, nada en Litchfield, Minnesota o 15 de febreiro de 1899 e finada nos Ánxeles (California) o 14 de agosto de 1985, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Tras comezar a súa carreira como actriz no teatro, debutou no cinema en 1936 no filme Anthony Adverse, polo que se converteu na primeira gañadora do Oscar á mellor actriz secundaria. Na seguinte década continuou traballando en filmes.
En 1930 casou co director teatral e cinematográfico Herbert Biberman. Na caza de bruxas de principios da década de 1950 foi acusado de comunista e incluído na lista dos Hollywood Ten. Por este motivo a carreira de Sondergaard quedou detida. Anos despois volveu participar nalgúns filmes e series de televisión.
Filmografía Ano Filme1936Anthony Adverse1937Maid of SalemSeventh HeavenThe Life of Emile Zola1938Lord JeffDramatic School1939Never Say DieJuarez Sons of LibertyThe Cat and the CanaryThe Llano Kid1940The Blue BirdThe Mark of ZorroThe Letter1941The Black CatParis Calling1942My Favorite BlondeEnemy Agents Meet Ellery Queen1943A Night to RememberAppointment in BerlinIsle of Forgotten SinsThe Strange Death of Adolf Hitler1944The Spider WomanChristmas HolidayThe Invisible Man's RevengeGypsy WildcatThe ClimaxEnter Arsène Lupin1946The Spider Woman Strikes BackNight in ParadiseAna e o rei de SiamThe Time of Their Lives1947Pirates of MontereyRoad to Rio1949East Side, West Side1969Savage IntruderSlaves 1976The Return of a Man Called Horse1983Echoes
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Lista negra de Hollywood