Sergei Ivanovich Kovaliov, nado en Kuganakovskaya, Rusia, o 13 de setembro de 1886 e finado en San Petersburgo o 12 de novembro de 1960, foi un historiador soviético especialista na Antigüidade clásica.
Traxectoria Profesor na Universidade de Leningrado, estudou a historia social e económica helenística e romana, así como as orixes do cristianismo. A súa obra Historia de Roma (1948) supuxo toda unha revolución no eido da historiografía antiga, ao analizar a evolución do Imperio Romano dende a óptica marxista da loita de clases, cunha rigorosa crítica das fontes e a atención prestada aos principais acontecementos políticos e sociais.
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia de Roma, de S. I. Kovaliov en Google Books.
Categoría:Historiadores de Rusia Categoría:Nados en Baxkortostán Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo