O Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos (OACI: LECU / LEVS) é unha instalación aeroportuaria de segunda categoría xestionada por Aena, situada a 8 km do centro da cidade de Madrid. Fundado en 1911, é o aeroporto máis antigo de España.
Inicialmente era unha base aérea do Exército do Aire de España. Non obstante, utilízase dende os anos 1970 para uso conxunto cívico-militar. Dende entón, a sección civil dedicouse de forma case exclusiva á aviación xeral e executiva lixeira. Actualmente, Cuatro-Vientos é base de varias escolas, entre as que se encontran algunhas das principais academias de voo do país, clubs de voo ou aeronaves privadas.
Tamén é a base en Madrid de varios servizos do Estado, como os helicópteros de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Nacional e do Museo de Aeronáutica e Astronáutica de España.
Véxase tamén Outros artigos Lista de aeroportos de España
Ligazóns externas Páxina oficial do Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos na web de AENA
Madrid-Cuatro Vientos Categoría:Transporte en Madrid