O Aeródromo de Son Bonet (IATA: SBO, OACI: LESB) é un aeródromo xestionado por Aena, situado a 4 km do centro da cidade mallorquina de Palma, no concello de Marratxí, entre as localidades de Es Pont d'Inca e Es Pla de na Tesa.

Historia e instalacións Foi inaugurado na década de 1920 despois de que algúns aviadores conseguisen aterrar onde hoxe se sitúa o aeroporto de Palma como base militar, pero algo máis tarde tamén se habilitou para recibir voos comerciais. O primeiro voo comercial que recibiu foi en 1927 e foi operado por Iberia LAE.

Entre 1936 e 1939 foi unha base militar italiana cuxa función era albergar os bombardeiros que atacaron Barcelona e Valencia durante a Guerra Civil Española, xunto coas bases de Sóller e Pollença. Deixou de recibir voos comerciais e militares a principios dos anos 60, cando se habilitou para tales fins o actual aeroporto de Palma, debido á imposibilidade de amplialo por encontrarse nunha zona urbana.

Hoxe en día é un aeroporto xestionado polo ente público AENA utilizado principalmente para voos de recreo do aeroclub e aviación xeral. O tráfico de pasaxeiros é privado e de escolas de aviación. Conta cunha pista, así como de catro hangares para albergar avionetas e aulas de instrución de pilotos. A liña 3 da EMT conta cunha parada de autobús nos arredores das instalacións.

Véxase tamén Outros artigos Lista de aeroportos de España

Ligazóns externas Páxina oficial do Aeroporto de Son Bonet na web de AENA

Son Bonet Categoría:Marratxí