O Aeroporto de Vitoria (en éuscaro: Gasteizko aireportua; IATA: VIT, OACI: LEVT) é un aeroporto xestionado por Aena, inaugurado en 1980. Sitúase a 8 km do centro da cidade de Vitoria, en terreos do antigo municipio de Foronda e moi preto dos pobos de Foronda e Andetxa, polo que recibiu no seu momento o nome de Aeroporto de Foronda. Debido á súa construción e por motivos de seguridade tívose que derrubar a localidade de Otaza, que quedaba ao final da pista e moi preto do perímetro do aeroporto.

As instalacións construíronse co propósito de transportar a todos os viaxeiros de Áraba e zonas limítrofes dende Foronda. Non obstante non conseguiu desbancar aos aeroportos de Bilbao e Donostia, a pesar de ter unhas características operacionais superiores e moita mellor visibilidade e facilidade para a engalaxe e a aterraxe, xa que está situado nunha ampla chaira e posúe unha gran pista de aterraxe bidireccional (04/22) de 3,5 km de longo (conta, ademais, cun localizador ILS para a cabeceira 04). A pista conta ademais cunha rúa de rodaxe paralela, que axiliza a circulación de aeronaves polo aeroporto e reduce o tempo de ocupación da pista principal.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de aeroportos de España

Ligazóns externas Páxina oficial do Aeroporto de Vitoria na web de AENA

Vitoria Categoría:Transporte en Vitoria