O Aeroporto Internacional Rexión de Murcia-Juan de la Cierva (IATA: RMU, OACI: LEMI) é un aeroporto novo de recente construción situado no municipio de Murcia (España), cuxas obras se iniciaron en xullo de 2008 e remataron a principios de 2012. Abriuse ao público o 15 de xaneiro de 2019.

Nome En xullo de 2017 a Asemblea Rexional de Murcia decidiu renomear o aeroporto a Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia-Juan de la Cierva, en homenaxe ao inventor do autoxiro.

Xestión O aeroporto foi promovido polo Goberno Rexional, o cal avalou con 200 millóns de euros as obras do aeroporto.A CARM renegocia o aval. Tivo que asumir esta débeda en 2013 trala execución do aval, ademais de sufragar os case 22 000 euros diarios necesarios para o mantemento das instalacións a pesar de non estar aínda en funcionamento.

O 20 de decembro de 2017, Aena quedou como adxudicataria do concurso para a xestión do aeroporto. A pesar de que se especulara coa posibilidade de que os aeroportos de San Javier e Corvera se mantivesen abertos simultaneamente, finalmente trasladaranse todas as operacións de San Javier ao novo aeroporto. É o primeiro aeroporto privado que xestionará Aena.

Características A terminal de pasaxeiros ten 28 500 m² e o aeroporto dispón dunha pista de 3 km de lonxitude e 45 m de ancho. Está situado entre as pedanías de Corvera, Los Martínez del Puerto e Valladolises, dentro do termo municipal de Murcia e enlazado á A-30, unido a ela mediante as autovias autonómicas RM-16 e RM-17.

A terminal está dotada de 9 portas de embarque, 25 mostradores de facturación e 4 fitas de recollida de equipaxes. Ten unha capacidade de 3 millóns de pasaxeiros ao ano ou 23.000 movementos.

A pista dispón dunha rúa de saída rápida e 4 apartados de espera. Está equipada co instrumental de precisión ILS CAT I e o instrumental de non precisión (DVOR/DME). A categoría OACI de Servizo de Salvamento e Extinción de Incendios é de 7.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de aeroportos de España

Ligazóns externas Web oficial do aeroporto

Murcia Categoría:Transporte na Rexión de Murcia Categoría:Murcia