A eparquía de Akhtubinsk (en ruso: Ахтубинская епархия, tr. "Akhtubinskaia eparkhiia") é unha sé da Igrexa Ortodoxa Rusa, parte da metrópole de Astrakán.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre os raions de Akhtubinsk, Enotaevka, Krasnoiar, Narimanov, Kharabali e Chernoiar, no óblast de Astrakán, en Rusia. A sé eparquial está na cidade de Akhtubinsk.

Historia Foi estabelecida por decisión do Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa o 12 de marzo de 2013, en terreos da eparquía de Astrakán. O mesmo día, pasou a formar parte da metrópole homónima.

Episcopoloxio Antonii Azizov (7 de maio de 2013 - 24 de setembro de 2021, nomeado bispo de Volgodonsk) Vsevolod Ponich (24 de setembro de 2021 - actualidade)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil na páxina web da Igrexa Ortodoxa Rusa

Categoría:Divisións territoriais ortodoxas en Rusia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Eparquías ortodoxas