Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron.

Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos. Así atopamos os penne, os ravioli e os cotobelos.

Elabóranse con auga, fariña triga, e ás veces ovo.

No entanto, existen lugares nos que se usa o termo para se referir a calquera tipo de pasta alimenticia, desde espaguetes aos fideos e outras formas usadas nas sopas.

Segundo unha antiga teoría, foi o explorador italiano Marco Polo o que levou o macarrón dende a China até Italia durante o século XIII. Hoxe sábese que as pastas alimenticias xa eran coñecidas en Europa moito antes. (Véxase tamén Historia das pastas alimenticias).

Foi, xunto cos fideos, das primeiras pastas en chegar a Galicia durante o século XX, hoxe son un alimento común en pratos con queixo e tomate, polo, carne etc.

Notas

Categoría:Pastas Categoría:Gastronomía de Italia