Andrés Tomás Bouza de Figueroa, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) en 1819 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1885,La Discusión, de Madrid, 18-1-1885. foi un xurisconsulto e político galego.

Traxectoria Fillo do facendado de Cotobade Domingo Antonio da Bouza e da rianxeira Silvestra Martínez, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela.

Xuíz de Paz de Santiago (ca. 1863), Promotor Fiscal de Santiago (1869) e de Ferrol (1870), e avogado colexiado de Santiago. A súa carreira política deu comezo a mediados do século XIX, incorporándose ás corporacións de Pío Rodríguez TerrazoEsposición [sic] elevada á S.M. por el Ayuntamiento Constitucional de Santiago en 29 de junio de 1856.... e José Sánchez VillamarínLa Gacetilla de Santiago, de 21-4-1873 e 20-5-1873., onde alcanzou unha das tenencias de alcalde. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre 1874 e 1875, comenzando o seu mandato de modo interino por nomeamento «da autoridade militar da cidade»Segundo unha folla informativa de principios de 1874, cando se estaba afogando a rebelión cantonal de Cartaxena, polo que con probabilidade a data de inicio da súa alcaldía sexa o 11 de xaneiro ("Ayer tarde tomaron posesión del cargo de Concejales...", impreso por José Souto Díaz; Biblioteca de Galicia, sg.530)., tras o golpe militar do xeneral Manuel Pavía. Opúxose á Lei de Redención Foral do 20 de agosto de 1873, pedindo ao ministro de Graza e Xustiza a súa suspensiónEl Ejemplo, 3-2-1874, p.2., cousa que sucedeu a finais do mes de febreiro de 1874.

Participou activamente na vida social compostelá, sendo socio do Recreo Artístico e Industrial de Santiago de Compostela e da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Ademais, foi padroeiro de Sangue da Fundación Manuel Ventura FigueroaEl Diario de Santiago, de 13-4-1877, p.2. e secretario do Colexio de Avogados de SantiagoGaceta de Galicia, de 18-5-1880.. Desde os seus postos de responsabilidade, promoveu a celebración de corridas de touros na cidade, especialmente nas Festas do Apóstolo do Ano Santo de 1875El Diario de Santiago, de 14-12-1874 e 2-3-1875.. Tamén pertenceu á Comisión organizadora dos Xogos Florais de Santiago, celebrados o 23 de abril de 1875El Diario de Santiago, de 23-3-1875..

Vida persoal

Casou o 11 de maio de 1844 coa viúva bilbaína Ventura Garay Laja, oito anos maior ca el.

Notas

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a I República Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos