miniatura|dereita|Situación da troponina T en complexo. A troponina T é unha das proteínas que forma parte do complexo da troponina. A troponina T únese á tropomiosina (de aí a súa denominación T) no sarcómero das fibras musculares estriadas formando un complexo troponina-tropomiosina, e axuda a situar a tropomiosina sobre a actina. Xunto co resto do complexo da troponina modula a contracción do músculo estriado.

A troponina T descubriuna o médico alemán Hugo A. Katus na Universidade de Heidelberg. Tamén foi el quen desenvolveu o inmunoensaio da troponina T.

Tipos Existen tres subtipos principais de troponina T, localizados en diferentes tecidos: Isoforma da troponina T presente no músculo esquelético de contracción lenta, denominada TNNT1 e codificada no cromosoma 19q13.4 (OMIM 191041 ). Esta isoforma ten 4 subtipos proteicos con lixeiras variacións estruturais codificados polo mesmo xene.Samson, F.; Mesnard, L.; Mihovilovic, M.; Potter, T. G.; Mercadier, J.-J.; Roses, A. D.; Gilbert, J. R. :A new human slow skeletal troponin T (TnTs) mRNA isoform derived from alternative splicing of a single gene (en inglés). Biochem. Biophys. Res. Commun. 199: 841-847, 1994. Isoforma da troponina T cardíaca, denominada TNNT2 e codificada no cromosoma 1q32 (OMIM 191045 ) Isoforma da troponina T no músculo esquelético de contracción rápida, denominada TNNT3 e localizada no cromosoma 11p15.5 (OMIM 600692 )

Patoloxías En pacientes con enfermidade da arteria coronaria estable, as concentracións de troponina T están asociadas significativamente coa incidencia da morte cardiovascular e insuficiencia cardíaca.

O xene responsable da miocardiopatía dilatada encóntrase no cromosoma 1q32, que é a mesma localización do xene da troponina T cardíaca TNNT2.Durand, J.-B.; Bachinski, L. L.; Bieling, L. C.; Czernuszewicz, G. Z.; Abchee, A. B.; Yu, Q. T.; Tapscott, T.; Hill, R.; Ifegwu, J.; Marian, A. J.; Brugada, R.; Daiger, S.; Gregoritch, J. M.; Anderson, J. L.; Quinones, M.; Towbin, J. A.; Roberts, R. :Localization of a gene responsible for familial dilated cardiomyopathy to chromosome 1q32 (en inglés). Circulation 92: 3387-3389, 1995. Defectos no xene que codifica a troponina T dan lugar a unha forma de miocardiopatía hereditaria chamada miocardiopatía hipertrófica, que é a causa máis frecuente de morte súbita cardíaca en atletas mozos. Un xene para a artrogripose distal tipo 2B (AD2B) mapouse no cromosoma 11p15.5, a mesma localización do xene TNNT3 da troponina T do músculo esquelético de contracción rápida, responsable da variabilidade clínica observada no síndrome de Freeman-Sheldon, un tipo de artrogripose.Henry Juver Vergara Fernández, Leonori Román Capdevila. Síndrome de Freeman-Sheldon. Informe de cinco casos (en castelán). Acta Ortopédica Mexicana 2007; 21(6): Nov.-Dic: 338-343.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Troponina Troponina I Troponina C

Ligazóns externas Troponin T National Library of Medicine - Medical Subject Headings (en inglés).

Categoría:Proteínas