"The Way You Make Me Feel" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. Lanzada por Epic Records en novembro de 1987, foi o terceiro sinxelo do sétimo álbum de estudio de Jackson, Bad. Escrito e composto por Jackson, e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson), a canción está acreditada como do xénero rhythm and blues.

Ademais de aparecer no álbum Bad, tamén formou parte dos discos recompilatorios HIStory: Past, Present and Future, Book I en 1995, Number Ones no 2003, The Ultimate Collection no 2004, The Essential Michael Jackson no 2005, Visionary: The Video Singles no 2006 e This Is It no 2009.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1987 Categoría:Sinxelos de 1988 Categoría:Cancións de Michael Jackson