"Dirty Diana" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson, en colaboración co guitarrista Steve Stevens. É a novena pista do sétimo álbum de estudio de Jackson, Bad. A canción foi lanzada por Epic Records o 18 de abril de 1988 como o quinto sinxelo do álbum. A canción ten un son de rock máis duro, semellante ó de "Beat It" do álbum Thriller. "Dirty Diana" foi escrita e co-producida por Jackson, e producida por Quincy Jones.

Foi un éxito internacional en 1988, acadando o número un nos Estados Unidos nas listas Billboard Hot 100. Tamén conseguiu o "top ten" en varios países, como o Reino Unido, Francia, Italia e Nova Zelandia. "Dirty Diana" foi o quinto e último sinxelo número un nos Hot 100 de Bad. No 2009, despois da morte de Jackson en xuño, a canción volveu entrar nas listas musicais, por mor das vendas en descarga dixital.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1988 Categoría:Cancións de Michael Jackson