Joffrey Lauvergne, nado o 30 de setembro de 1991 en Mulhouse, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o ASVEL Basket da LNB Pro A. Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional Europa Lauvergne comezou coma profesional no Élan Chalon, onde gañou a liga francesa en 2012, ademais de dúas copas de Francia en 2011 e 2012, e a Semaine des As en 2012. Acadou 5.4 puntos e 3.4 rebotes por encontro na liga francesa. Foi cortado polo equipo o 25 de novembro de 2012.

O 28 de novembro de 2012, Lauvergne asinou un contrato curto co Valencia BC da Liga ACB. Disputou cinco partidos, nos que fixo 5.8 puntos e 3.8 rebotes por encontro.

O 28 de decembro de 2012, Lauvergne asinou un contrato de dous anos e medio co Partizan. Tras rematar a tempada a un gran nivel, foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Memphis Grizzlies, que despois traspasaron os seus dereitos ós Denver Nuggets.

O 23 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos co BC Khimki ruso. O 4 de febreiro de 2015, rescindiu o seu contrato co Khimki. En 27 partidos, fixo 9.4 puntos, 4.4 rebotes e 1.1 asistencias por encontro.

NBA O 19 de febreiro de 2015, Lauvergne asinou un contrato de dous anos cos Denver Nuggets. Debutou na NBA tres días máis tarde, acadando 8 puntos e 3 rebotes na derrota dos Nuggets por 94-119 contra os Oklahoma City Thunder.

O 30 de agosto de 2016, foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio de dúas eleccións protexidas da segunda rolda do Draft de 2017.

O 23 de febreiro de 2017, Lauvergne foi traspasado xunto a Cameron Payne e Anthony Morrow ós Chicago Bulls a cambio de Taj Gibson, Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018.

O 18 de xullo de 2017, Lauvergne asinou un contrato cos San Antonio Spurs.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016