O Estadi Municipal de Futbol de L'Hospitalet é un estadio de fútbol situado no distrito da Feixa Llarga de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, no que xoga os seus partidos como local o CE L'Hospitalet. Ten capacidade para 6.740 espectadores.

Historia Foi inaugurado o 20 de marzo de 1999 nun partido entre o L'Hospitalet e o CF Gavà, que acabou con vitoria local por 2-0.Historia do CE L'Hospitalet

O 9 de novembro de 2011, o CE L'Hospitalet xogou na Feixa Llarga contra o vixente campión de Liga e de Europa, o Futbol Club Barcelona, nun partido de dezaseisavos de final da Copa do Rei que acabou con vitoria visitante por 0-1.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Centre d'Esports L'Hospitalet Ligazóns externas O estadio, no sitio web do CE L'Hospitalet

Feixa Llarga Categoría:Deporte en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:CE L'Hospitalet