Dario Šarić, nado o 8 de abril de 1994 en Šibenik, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga para os Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,08 metros xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria En novembro de 2012, Šarić asinou un contrato de catro anos co KK Cibona croata. En 2013, gañou a liga croata e a copa croata, e gañou o premio ó mellor xogador da final.
O 24 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos, con opción a outro máis, co Anadolu Efes turco. Días despois, foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Orlando Magic, e foi traspasado inmediatamente ós Philadelphia 76ers a cambio de Elfrid Payton.
O 12 de novembro de 2018, Šarić foi traspasado xunto a Jerryd Bayless, Robert Covington e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.
O 6 de xullo de 2019, Šarić foi traspasado ós Phoenix Suns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de Šibenik-Knin Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Croacia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do KK Zrinjevac Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016