Brainiac (ás veces escrito como 3RA1N1AC) foi unha banda estadounidense de indie rock formada en 1992 en Dayton, Ohio. O grupo separaríase en 1997 tras a morte repentina do seu vocalista Tim Taylor.
Historia Brainiac formouse en Dayton, Ohio, en xaneiro de 1992 co vocalista, guitarrista e teclista (principalmente de sintetizadores Moog) Tim Taylor, o baixista Monostereo (Juan Monasterio), a guitarrista Michelle Bodine e o batería Tyler Trent. O 12 de marzo dese ano a banda realizou o seu primeiro concerto na cafetería da Wright State's University co nome de We'll Eat Anything.
Tras un feixe de sinxelos, o grupo publicou o seu ábum de estrea, Smack Bunny Baby, a través de Grass/BMG Records en 1993. Bonsai Superstar, agora con John Schmersal na guitarra en lugar de Bodine, foi editado no ano seguinte. En 1995 o grupo tocou no festival de Lollapalooza e gravou catro cancións no Reino Unido nunha Peel Session da BBC Radio 1. A banda fichou por Touch and Go Records e editou o EP Internationale, producido por Kim Deal (dos Pixies). O ano seguinte editaron o seu terceiro álbum, Hissing Prigs in Static Couture, a través do selo Touch and Go. Os seus tres álbums foron producidos por Eli Janney (de Girls Against Boys).
Brainiac actuou como abreconcertos para Beck, The Breeders e The Jesus Lizard e recibiu ofertas de grandes discográficas. En 1997 a banda publicou un EP de música electrónica chamado Electro-Shock for President que acabaría sendo o seu derradeiro traballo: Taylor morreu nun accidente de tráfico on 23 de maio dese ano durante a prepodución do seu cuarto álbum, que ía ser editado por Interscope Records. O grupo separouse pouco despois.
Discografía Álbum Ano Selo Smack Bunny Baby 1993 Grass/BMG Bonsai Superstar 1994 Grass/BMG Hissing Prigs in Static Couture 1996 Touch & Go
Categoría:Grupos musicais de Dayton, Ohio Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de synthpunk Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais separados en 1997