Iduar DahirTamén romanizado como Eduard (Edouard) Daher. (en ), nado o 23 de abril de 1973 en Al-Qaa (gobernación de Al-Biqa, Líbano) é un eclesiástico católico greco-melquita, dende 2013 arcebispo de Trípoli. Traxectoria Dahir entrou no seminario menor da Orde Basiliana de San Xoán Bautista en 1985, facendo a profesión solemne o 28 de agosto de 1994. Estudou Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico San Paulo de Harisa e na Universidade Espírito Santo de Kaslik, e posteriormente Dereito canónico na Universidade La Sagesse de Beirut. Foi ordenado sacerdote o 8 de maio de 1999.

O 9 de xullo de 2013 foi nomeado arcebispo de Trípoli. Recibiu a consagración episcopal o 7 de setembro de mans do patriarca de Antioquía Gregorio III.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na gobernación de Al-Biqa Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Basilianos de San Xoán Bautista Categoría:Alumnos da Universidade Espírito Santo de Kaslik