Pablo Benegas Urabayen, nado en Donostia (Guipúscoa) o 21 de xuño de 1976, é un guitarrista e compositor vasco, membro do grupo pop La Oreja de Van Gogh.
Traxectoria É fillo do político e expresidente do Partido Socialista de Euskadi Txiki Benegas e mais de Maite Urabayen. Os seus tíos tamén están inmersos no mundo da política, pois a súa tía é a política nacionalista e presidenta do partido Izquierda Castellana, Doris Benegas. Doutra banda, seu tío é tamén un político nacionalista Luis Ocampo.
Ademais da súa carreira musical en La Oreja de Van Gogh, gravou unha curtametraxe coa súa actual muller, Eider Ayuso, chamada "La promesa".
En La Oreja de Van Gogh É o letrista, xunto con Xavi San Martín (teclista), e guitarrista do grupo. Realizou letras en solitario para os temas Pesadilla, La chica del gorro azul e Manhattan, e compuxo outros temas canda outros membros do grupo.
Categoría:Guitarristas de España Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Compositores do País Vasco