miniatura|Crystal Ballroom do Biltmore Hotel, onde se celebrou a cerimonia de entrega dos premios A 4ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 10 de novembro de 1931 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Lawrence Grant.

Os filmes elixibles foron os estreados entre o 1 de agosto de 1930 e o 31 de xullo de 1931.

Premios miniatura|150px|William LeBaron, mellor filme miniatura|150px|Lionel Barrymore, mellor actor miniatura|150px|Marie Dressler, mellor actriz miniatura|150px|Howard Estabrook, mellor guión adaptado Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas. Mellor filme Mellor director Cimarron East Lynne The Front Page Skippy Trader Horn Norman Taurog – Skippy Clarence Brown – A Free Soul Lewis Milestone – The Front Page Wesley Ruggles – Cimarron Josef von Sternberg – Morocco Mellor actor Mellor actriz Lionel Barrymore – A Free Soul Jackie Cooper – Skippy Richard Dix – Cimarron Fredric March – The Royal Family of Broadway Adolphe Menjou – The Front Page Marie Dressler – Min and Bill Marlene Dietrich – Morocco Irene Dunne – Cimarron Ann Harding – Holiday Norma Shearer – A Free Soul Mellor argumento Mellor guión adaptado The Dawn Patrol – John Monk Saunders The Doorway to Hell – Rowland Brown Laughter – Harry d'Abbadie d'Arrast, Douglas Doty e Donald Ogden Stewart The Public Enemy – John Bright e Kubec Glasmon Smart Money – Lucien Hubbard e Joseph Jackson Cimarron – Howard Estabrook The Criminal Code – Seton I. Miller e Fred Niblo, Jr. Holiday – Horace Jackson Little Caesar – Francis Edward Faragoh e Robert N. Lee Skippy – Joseph L. Mankiewicz e Sam Mintz Mellor fotografía Mellor dirección de arte Tabu – Floyd Crosby Cimarron – Edward Cronjager Morocco – Lee Garmes The Right to Love – Charles Lang Svengali – Barney McGill Cimarron – Max Rée Just Imagine – Stephen Goosson e Ralph Hammeras Morocco – Hans Dreier Svengali – Anton Grot Whoopee! – Richard Day Mellor son Paramount Publix Studio Sound Department MGM Studio Sound Department RKO Radio Studio Sound Department Samuel Goldwyn-United Artists Studio Sound Department

Récords Jackie Cooper, de nove anos, foi o primeiro actor infantil candidato ao Óscar e é o único actor de menos de dezaoito anos que foi candidato ao Óscar ao mellor actor. Durante a cerimonia quedou durmido sobre o ombreiro de Marie Dressler. Cando esta foi anunciada como gañadora, Cooper tivo que ser acomodado no colo da súa nai.

Cimarron foi o primeiro western que gañou o Óscar ao mellor filme (e o único ata Dances with Wolves). Tivo un récord de sete candidaturas e foi o primeiro filme que gañou máis de dous premios.

Tras conseguir a candidatura á mellor dirección dous anos antes, Lionel Barrymore converteuse na primeira persoa candidata en varias candidaturas.

04 Categoría:Cinema en 1930 Categoría:Cinema en 1931