Cecilia Payne-Gaposchkin, nada o 10 de maio de 1900 en Wendover (Inglaterra) e finada o 7 de decembro de 1979 en Cambridge (EUA), foi unha astrónoma anglo-estadounidense. En 1925, na súa tese de doutoramento, indicou que as estrelas están compostas na súa meirande parte por hidróxeno e helio. Este traballo foi considerado durante moito tempo como "a máis destacada tese de doutoramento escrita nunca en astronomía".
Traxectoria Cecilia Payne e estudou botánica, física e química na Universidade de Cambridge. A súa condición de muller imposibilitoulle conseguir un título, polo que abandonou Inglaterra en 1922. Marchou vivir aos Estados Unidos, e nacionalizouse en 1931.
En 1925 converteuse na primeira persoa en ter un doutoramento en astronomía no Radcliffe College (hoxe, parte da Universidade Harvard) pola súa disertación Stellar Atmospheres, A Contribution to the Observational Study of High Temperature in the Reversing Layers of Stars (“Atmosferas estelares, unha contribución ó estudo da observación das altas temperaturas nas capas invertidas das estrelas”). miniatura|esquerda|Cecilia Helena Payne-Gaposchkin traballando
O astrónomo Otto Struve cualificou o traballo de Cecilia como “sen dúbida a tese de doutoramento en astronomía máis sobresaínte da historia”. Aplicou a teoría da ionización desenvolta polo físico Meghnad Saha para relacionar de xeito exacto a clasificación espectral das estrelas coa súa temperatura absoluta. A tese estableceu que o hidróxeno era o compoñente principal das estrelas.
Nunha viaxe posterior por Europa en 1933 coñeceu o astrofísico ruso Sergei I. Gaposchkin en Alemaña. Axudouno a conseguir un visado para os Estados Unidos, casaron en marzo de 1934 e tiveron tres fillos. Payne-Gaposchkin seguiu en activo toda a súa vida en Harvard. Tardou varias décadas en ter un posto oficial: ata 1938 non se lle concedeu o título de “astrónoma”. En 1956 foi a primeira muller en ser profesora asociada en Harvard. Posteriormente, foi tamén a primeira en dirixir un departamento na mesma universidade.
Premios e honores Premio Annie J. Cannon en Astronomía (1934) Lectura do Henry Norris Russell da American Astronomical Society (1976) O Asteroide 2039 Payne-Gaposchkin leva o seu nome.
Citas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cecilia Payne-Gaposchkin: An Autobiography and Other Recollections, Cecilia Payne-Gaposchkin, Katherine Haramundanis, ed. (Cambridge University Press, Cambridge, 1984). Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210. Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3, Ligazóns externas Cecilia Payne-Gaposchkin: Astronomer and Astrophysicist, 1900-1980 (“The Most Brilliant Ph.D. Thesis Ever Written in Astronomy” by Owen Gingerich) Obituarios
Physics Today 33 (1980) 64 QJRAS 23 (1982) 450
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Astrónomos do Reino Unido Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Buckinghamshire Categoría:Astrofísicos