Manuel Rivas Seivane foi un xornalista galego. Traxectoria Foi correspondente de El Progreso en Mondoñedo (1921-1922),El Progreso, 9-11-1921, p. 1. onde publicou o relato "Equivocación fatal".El Progreso, 20-6-1922, p. 1. Colaborou en Justicia e por un artigo publicado nese periódico foi condenado pola Audiencia de Lugo o 7 de novembro de 1924 por inxurias a Manuel Díaz Leivas e ao sacerdote José María Agrelo, en causa que chegou ao Tribunal Supremo.El Heraldo Gallego, 20-12-1925, p. 6. Foi funcionario municipal do Concello de Mondoñedo. Foi candidato nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931.El Pueblo Gallego, 28-7-1932, p. 9. Na República dirixiu El Boletín Socialista de Mondoñedo. Tamén colaborou en Faro Villalbés, onde publicou unha serie de artigos baixo o título "El Derecho y la Democracia", e El Momento de Viveiro, usando o pseudónimo Juan del Pueblo. Presentouse ás oposicións para secretarios de xulgados municipais en 1931,La Voz de Galicia, 5-5-1931, p. 7. e ás oposicións para secretarios de concellos en 1935.BOE, 6-2-1935, p. 1.102-1.131. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Cuba.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en ano descoñecido