Alejandro Arribas Garrido, nado en Madrid o 1 de maio de 1989, é un futbolista español. Xoga de central e o seu equipo actual é o Real Oviedo da Segunda División.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores do CF Rayo Majadahonda fichou polo Rayo Vallecano no ano 2008, aínda que mediada a tempada foi cedido ao CDA Navalcarnero. Ao ano seguinte afianzade no filial do equipo de Vallecas e debuta co primeiro equipo da man do adestrador Pepe Mel. Tras dar o salto definitivo ao primeiro equipo no verán de 2012 ficha polo CA Osasuna ao rematar o contrato co equpo madrileño.

Tralo descenso do Osasuna rescinde o seu contrato e ficha polo Sevilla FC en 2014. Un ano despois fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña cun contrato por 3 tempadas, con opción a catro.

O 8 de decembro de 2017 anunciouse o seu traspaso ao Club Universidad Nacional (Pumas de la UNAM) mexicano. Arribas firmou por dúas tempadas e media e o traspaso estimouse en millón e medio de euros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do CDA Navalcarnero Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Pumas de la UNAM Categoría:Xogadores do Real Oviedo