ELDO (European Launcher Development Organisation, en galego, Organización Europea para o Desenvolvemento de Lanzadeiras) foi unha organización europea fundada en 1964 por Alemaña, Australia, Bélxica, Francia, Italia, os Países Baixos e o Reino Unido.
A participación de Australia explicase porque esta nación ofreceu unha base de lanzamentos:o centro de Woomera. despois dunha serie de fracasos no desenvolvemento do foguete Europa, principalmente os lanzamentos dos foguetes Europa I e Europa II e o abandono do proxecto do foguete Europa III, de problemas presupostarios e da saída do Reino Unido da organización, decidiuse o traslado das probas ao Centro Espacial de Kourou (Güiana Francesa) a instancias de Francia. foi substituída, xunto coa ESRO, pola ESA. Galería de imaxes
Notas
Categoría:Axencias espaciais