O Polvorín F. C., anteriormente Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín e tamén coñecido como CD Lugo B, é un club de fútbol galego da cidade de Lugo. Foi fundado en 1991 e trátase do equipo filial do Club Deportivo Lugo. Actualmente compite na Terceira Federación. Leva o seu nome en honra do Club Deportivo Polvorín, equipo que en 1953 se xuntou coa Ximnástica Lucense para fundar o principal equipo da cidade.

Historia A Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín foi fundada no ano 1991, tomando o nome do campo de fútbol situado na Rúa Xosé Novo Freire e do antigo Club Deportivo Polvorín, un dos fundadores do Club Deportivo Lugo xunto coa Ximnástica Lucense. A orixe do club hai que procurala no SDC San Roque, equipo de fútbol que a finais dos anos 80 vivía malos momentos institucionais, con continuos enfrontamentos internos. Debido a esta difícil situación o equipo divídese, e para poder competir nos anos seguintes ten que buscar o amparo do CD Castro (1990-91) e do SCD San Lázaro (1991-92). Con todo, o club quere volver ter unha estrutura propia e, nese contesto, en maio de 1991 inscribese no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia a Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín. O primeiro partido de competición oficial dun equipo da SDeC Polvorín data de setembro de 1992.

Así, Na temporada 1992-93 o Polvorín bota a andar cun equipo xuvenil, un equipo cadete, un equipo infantil e un equipo alevín. Ao ano seguinte a Xunta Directiva, presidida por María Dolores Real, decide a crear un equipo sénior de afeccionados que, co paso do tempo, sería o principal club da entidade. No seu segundo ano de existencia o Polvorín consegue quedar primeiro no seu grupo de Segunda Autonómica, conseguindo o ascenso de categoría. Porén, o equipo non consegue manter a categoría e descende despois de só un ano. Tras uns anos de transición, en 1999 consegue retornar á Primeira Autonómica tras finalizar a campaña en segunda posición. Esta vez a sorte sería distinta e o equipo consegue manter a categoría, mais na temporada 2000-01 descende de novo.

En 2003 dimite o que era presidente do club, Manuel Núñez, poñéndose en perigo a continuidade do equipo. Finalmente un grupo de voluntarios faise cargo do mesmo baixo a presidencia de Elías Veiga. Tras salvarse ao club da desaparición, o Polvorín regresa á Primeira Autonómica en 2005, onde permanece até o ano 2009. Nestes anos consegue chegar ademais a dúas finais da Copa Deputación: a primeira en 2007 fronte á SD Outeiro de Rei, que finalizaría na quenda de penaltis, e a segunda en 2009 fronte o RC Vilalbés no Estadio Anxo Carro, que remata coa vitoria por 2-0 para os chairegos. Mentres, en 2007, é nomeada nova presidenta do club María del Carmen Télez López. Desde ese momento o club segue a medrar, destacando a creación no ano 2011 da Escola de Fútbol Polvorín. O 13 de agosto de 2015 o club converteuse no filial do Club Deportivo Lugo, que naquel entón competía na Segunda División.

Cadro actual Xogadores Datos do 18 de agosto de 2017.

Temporadas TemporadaNivelDivisiónPosto1993−9472ª Rex.10º1994−9572ª Rex. 10px|ascenso|link=1995−9661ª Aut. 10px|descenso|link=1996−9772ª Rex.7º1997−9872ª Rex.7º1998−9972ª Rex. 10px|ascenso|link=1999−0061ª Aut.11º2000−0161ª Aut. 10px|descenso|link=2001−0272ª Rex.8º2002−0372ª Rex.5ºTemporadaNivelDivisiónPosto2003−0472ª Rex.—2004−0572ª Rex. 10px|ascenso|link=2005−0661ª Aut.6º2006−0761ª Aut.12º2007−0861ª Aut.11º2008−0961ª Aut. 10px|descenso|link=2009−1072ª Rex.4º2010−1172ª Rex.8º2011−1272ª Rex. 10px|ascenso|link=2012−1361ª Aut.11ºTemporadaNivelDivisiónPosto2013−1461ª Aut.16º2014−1561ª Aut.13º2015−1661ª Aut. 10px|ascenso|link=2016−175Preferente4º2017−185Preferente 10px|ascenso|link=2018−1943ª10º2019−2043ª11º2020−2143ª/2021−2253ª RFEF 10px|ascenso|link=2022−2342ª RFEF 10px|descenso|link=2023−2453ª RFEF13º2024−2553ª RFEF13º

Palmarés Terceira División RFEF (1): 2021/22. Preferente Galicia (1): 2017/18. Segunda Galicia (3): 1994/95, 2003/04, 2011/12.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club

Categoría:CD Lugo Categoría:Equipos de fútbol filiais de Galicia Categoría:Deporte en Lugo Categoría:Equipos do grupo 1 da Segunda División RFEF