Auvernia-Ródano-Alpes (en , en , en ) é unha rexión administrativa de Francia creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Auvernia e Ródano-Alpes.

A rexión ten unha superficie de 69.711 km2 e arredor de 7.695.264 habitantes (segundo datos de 2015). Comezou a funcionar logo das eleccións rexionais de decembro de 2015. A maior cidade é a de Lión, capital da rexión.

Está dividida en 12 departamentos: Ain, Allier, Ardèche, Cantal, Drôme, Isère, Loire, Haute-Loire, Puy-de-Dôme, Rhône, Savoie e Haute-Savoie.

Demografía