miniatura|250x250px|Monumento a Albert de Giussan en Legnano, provincia de Milán. Albert de Giussan foi un lendario guerreiro güelfo italiano que loitou durante as guerras da liga Lombarda contra Frederico Barbarroxa no século XII.
Historia e características Unha tradición tardía, probablemente inventada polos cronistas de Milán do século XIV, atribúenlle o feito de formar a "Compañía da Morte" (Lema: Morte por liberdade), compañía de elite da cabalaría lombarda que defendeu o Carroccio (especie de carro ou altar de guerra das cidades-estado italianas onde portaban o seu estandarte) da liga na batalla de Legnano o 29 de maio de 1176 contra o exército imperial xermano de Frederico Barbarroxa.
A primeira cita histórica do seu nome foi en 1196. Crese que puido ser en realidade alcalde, notaro (notario) ou funcionario público. Esta crenza é reforzada pola súa orixe (Giussan) nun contexto lombardo, onde os funcionarios públicos eran orixinarios doutras cidades para evitar "conflitos de intereses".
Cultura popular O partido político italiano da liga Norte fai uso do seu mito. Desde 1989, o emblema electoral do partido utiliza unha imaxe inspirada na estatua de Alberto que se erixiu en Legnano en 1900. Así mesmo, a Brigada de Infantaría "Legnano" do exército italiano utiliza a imaxe desta estatua como símbolo. O personaxe de Albert de Giussan é o protagonista da película de Renzo Martinelli de 2009, Barbarossa, onde é interpretado polo actor Raz Degan.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Batalla de Legnano Sacro Imperio Romano Germánico Paz de Constanza
Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Lombardía