A Universidade Técnica de Viena () é unha das maiores universidades de Viena, a capital da Austria. Foi fundada no 1815 como "Instituto Politécnico Real e Imperial" (k. k. Polytechnisches Institut), no presente xa ten cerca duns 26.200 estudantes (19% estranxeiros, sendo un 30% mulleres), 8 facultades e cerca duns 4 mil funcionarios, dos cales uns 1800 son profesores. O foco da universidade é o ensino e a procura no ámbito da enxeñaría e as ciencias naturais.
Profesores e alumni Siegfried Becher (1806 - 1873), profesor de economía. Paul Eisler (1907 - 1992), inventor do circuíto impreso. Hugo Ehrlich (1879 - 1936), arquitecto da Croacia. Tillman Gerngross, profesor de enxeñaría da Facultade de Dartmouth, empresario e bioenxeñeiro, fundador da GlycoFi e da Adimab. Adolph Giesl-Gieslingen (1903 - 1992), enxeñeiro e proxectista de locomotoras da Austria. Karl Gölsdorf (1861 - 1916), enxeñeiro e proxectista de locomotoras da Austria. Viktor Kaplan (1900), inventor da turbina Kaplan. Milutin Milankovitch (1879 – 1958), xeofísico e enxeñeiro civil. Yordan Milanov (1867 - 1932), arquitecto da Bulgaria. Hubert Petschnigg (1913 - 1997), arquitecto (completou os seus estudos na Universidade Técnica de Graz). Zvonimir Richtmann (1901 - 1941), físico, filósofo e político xudeu da Croacia. Irfan Skiljan, autor do software IrfanView. Gottfried Ungerboeck (1940), inventor da modulación trellis, fellow da IBM. Heinz Zemanek (1920), pioneiro da computación da Austria. Keivan Ghaffari (1962), enxeñeiro electrónico de Irán. Guilherme Capanema, Enxeñeiro, Brasil. Rochus Schüch , Mineraloxista, República Checa. miniatura|A biblioteca da universidade.|centro
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial