Santolina, as santolinasNome vulgar galego xenérico recollido polo Dicionario da Real Academia Galega., é un xénero de plantas pertencente á familia Asteraceae, nativa da rexión Mediterránea. Segundo autores, hai entre 15 e 18 especies.

Descrición As especies son gamallos perennes que acadan 10–60 cm de altura. As follas son simples nalgunhas especies, ou pinnadas, finamente divididas noutras, a miúdo densamente viludas. As flores son amarelas, producíndose en inflorescencias globosas con testas florais de 1–2 cm de diámetro que sobresaen 10–25 cm sobre a follaxe.

Ecoloxía Varias especies de Santolina son alimento para as larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluíndo Bucculatrix santolinella (come exclusivamente S. chamaecyparissus) e Coleophora sobre C. albicella.

Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753. A especie tipo é: Santolina chamaecyparissus Etimoloxía Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.En Nomes Botánicos

Especies seleccionadas Santolina ascensionis Sennen endémica do Rif oriental. Santolina chamaecyparissus, abrótano femia, herba da loba ou santolina común. Santolina elegans Santolina oblongifolia, macela de Gredos, endemismo exclusivo da Serra de Gredos Santolina rosmarinifolia (syn. S. virens), macela do Casaio  (Santolina rosmarinifolia subesp. semidentata) Santolina suaveolens Pursh Santolina viscosa Santolina melidensis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia da Botánica Características das asteráceas