Malandrómeda é un grupo de rap compostelán formado por Hevi e diferentes colaboradores.
Traxectoria miniatura|Malandrómeda en concerto en Boiro (2010).|esquerda|180x180px Hevi e Caldeirada formaron Malandrómeda a finais do ano 2005, tras colaborar na gravación de dous temas para o colectivo Higher Club no programa de radio La Caraba de RadioVoz.http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/hip-hop-de-frescor-organico/idEdicion-2011-03-11/idNoticia-648030/ Hip hop de frescor orgánico En abril de 2006 publicaron o seu primeiro disco baixo o título Os estranos sempre traen malas novas. Este longa duración foi publicado unicamente en formato dixital vía Internet. Foi acompañado de ilustracións de once artistas, cada unha facendo referencia a cada un dos temas do disco.
O 11 de xuño de 2006 Temazo.org publicou o vinilo de 10 polgadas titulado Chegan tarde EP, formado por catro temas.http://malandromeda.bandcamp.com/releases Chegan tarde en bandcamp.com En 2008 publicaron o single de 7 polgadas 7" contando con DJ Oso para as mesturas e scratches. Este vinilo publicouse en formato Picture disc en edición limitada a numerada. A súa portada foi realizada cun deseño 3D para ser visualizada cunhas lentes 3D, as cales se incluíron de regalo.http://labranzameiro.blogspot.com.es/2016/03/malandromeda-venres-18-22h-5.html
En 2011 lanzaron o maxi single Que nos leve pra diante en vinilo de 12 polgadas de cor branca, formado por dous temas, dous rémixes de Kaze e Mou, unha instrumental e unha pista de batalla.http://malandromeda.com/23-adelanto-del-adelanto/http://emundial.org/2011/2011/06/20/hevi-e-caldeirada-malandromeda-queremos-que-nos-escuitem-em-pernambuco-kansai-escocia-ou-cacheiras/ Hevi e Caldeirada (Malandrómeda): Queremos que nos escuitem em Pernambuco, Kansai, Escócia ou Cacheiras Tras este traballo o grupo sufriu unha parada en canto a publicacións a raíz de motivos persoais.
miniatura|Hevi en concerto con Malandrómeda en Lugo (2016)|esquerda|180x180pxO 26 de febreiro de 2016 o selo discográfico Matapadre editou simultaneamente os discos Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo, tanto en vinilo coma en dixital. Estes dous longa duración foron autoproducidos entre 2012 e 2015.http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo.html MALANDRÓMEDA - Os corenta e oito nomes do inimigo Estes traballos foron creados baixo dous conceptos diferenciados: o primeiro toca temáticas intimistas e melancólicas e o segundo recompila temas máis festeiros e coloristas. Caldeirada foi substituído por O Máster do Son para ocuparse da parte musical.http://www.ultrasonica.info/malandromeda/ O deseño dos traballos correu por parte de BlueMouse e Sokram (Mutante Creativo).https://issuu.com/mondosonoro-gal_cyl/docs/237msogal A revista musical Rockdelux nomeou este dobre traballo como o mellor álbum nacional do ano 2016.miniatura|Máster do Son en concerto con Malandrómeda en Lugo (2016)A presentación deste dobre disco foi o día 27 de febreiro de 2016, realizada nunha ruta por catorce bares de Santiago de Compostela na que interpretaron un tema en directo en cada un deles. Esta presentación foi chamada De chea con Malandrómeda.http://pentavox.net/2016/04/13/malandromeda-la-antientrevista/ Malandrómeda, la antientrevista O primeiro videoclip extraído de Os corenta e oito nomes do inimigo foi "VHS do futuro", publicado o 10 de febreiro de 2016 e realizado por Música Prepost (Fran Torres e Pablo Peña).http://www.rockdelux.com/audio-video/p/malandromeda-vhs-do-futuro.html Malandrómeda, VHS do futuro
En 2017 gañaron o premio ao mellor grupo na categoría hip-hop/músicas urbanas dos Premios Martín Codax da Música.
Discografía
Os Estranos Sempre Traen Malas Novas Formato LP; autoeditado, 2006
Chegan Tarde EP Formato EP; Temazo.org, 2006
7" Formato Maxi single; Temazo.org, 2008
Que nos leve pra diante Formato Maxi single; Temazo.org, 2011
Os corenta e oito nomes do inimigo Formato LP; Matapadre, 2016
Cada can que lamba o seu carallo Formato LP; Matapadre, 2016
Animais da feira Formato EP; 2020
San Amaro Formato EP; 2020
San Amaro REMEXIDO Formato EP; 2021
No inferno das ideas Formato EP; 2021
Rapeiradas Formato EP; 2022
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais formados en 2005 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de hip hop de Galicia