A gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características A especie tarda dous anos en acadar a plumaxe de adulto. É unha gaivota pequena, con cabeza, peteiro e extremos das as de cor negra. O resto das as presentan un gris craro dominante. As patas son dun laranxa pálido.
Distribución Distribúese por Norteamérica, dende Alasca ata o Quebec. Inverna nas costas atlánticas e pacíficas de Norteamérica, dende o leste ata o golfo de México. En Europa só se observan individuos divagantes no norte, especialmente no Reino Unido e en Irlanda. No caso da Península Ibérica, todas as citas son de Galicia, o litoral cantábrico e algunha cita illada das Illas Canarias. En Galicia Considérase unha rareza. Citas moi puntuais. Téñense documentado citas na Costa da Morte e na comarca de Vigo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Bonaparte's gull - Larus philadelphia - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
Bonaparte