Campins é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Xeografía Limita cos concellos de Sant Celoni ó sur, Gualba na parte leste e Fogars de Montclús na parte do noroeste. Existen moitos bosques de sobreiras, castiñeiros e piñeiros. A riqueza natural e paisaxística é moi importante. Parte do territorio está protexido baixo a figura do Parque Natural do Montseny.
Demografía Conta cunha poboación de 589 habitantes (INE 2023).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona