O río Charles (en inglés: Charles River) é un curso de auga dunha lonxitude pouco importante, que separa os municipios de Boston, na beira dereita, e Cambridge, na beira esquerdaCharles River Watershed . Charles River Watershed Association.. A súa fonte áchase a 129 quilómetros do seu esteiro no lago Boto (Hopkinton)How Long is The Charles River. Maio de 2010.. Cruza 58 cidades desde o leste do estado de Massachusetts, antes de desembocar no porto de Boston e o océano Atlántico. A súa conca está moi urbanizada e esténdese sobre 798 km². O nivel de contaminación das súas augas fíxolle obxecto dunha atención moi especial por parte das autoridades. Varios campus universitarios ocupan estas dúas beiras: Harvard, Universidade de Boston, Brandeis University e o prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).
Historia Durante a época precolombiana, os amerindios utilizaban o río Charles para o transporte e a pesca. No século XVII, John Smith dálle o seu nome actual na honra do rei Carlos I de Inglaterra.Stewart, George. Names on the Land: A Historical Account of Place-Naming in the United States. Hougton Miffin, 1967. Páxina 38. Coa fundación e logo o desenvolvemento da cidade de Boston, desvíanse as súas augas (canle de Mother Brook) para abastecer os muíños e obter así a enerxía indispensable para as fraguas e para a industria téxtil.Who Made America? Francis Cabot Lowell. No século XIX, uns 30 quilómetros dos bordos do río foron acondicionados polos paisaxistas Charles Eliot e Arthur Shurcliff, alumnos do famoso Frederick Law Olmsted, que deseñaron vinte parques e superficies naturais desde a Ponte Charlestown, na Praza Watertown.
O río Charles conta con 23 pasos, entre pontes e túneles. A construción da primeira ponte (Watertown Dam) data do século XVII, arredor de 1634, e a máis recente, Leonard P. Zakim Bridge, ergueuse en 2003.
Na música O río Charles menciónase na canción pop "Dirty Water" ("Auga sucia"), do grupo The Standells, que se considerou en ocasións un himno non oficial da cidade de BostonDirty Water. The Standells.. Foi escrita cando Boston tiña problemas coa contaminación da auga:
Down by the River... Down by the banks of the River Charles (Oh, that's what's happenin' baby) That's where you'll find me Along with lovers, muggers, and thieves. (Ahh, but they're cool people)
Tras diversos episodios relacionados coa insalubridade do río, en 1996, o gobernador William Weld mergullouse vestido no río para demostrar o seu compromiso coa súa limpezahttps://www.youtube.com/watch?v=yiGbMmqrYrY. Hoxe a situación é ben distinta; en xullo de 2013 permitiuse novamente o baño libre e a natación por primeira vez desde había 50 anosPublic Swim Follows 50 Years Of Dirty Water . En wbur News.. Previamente, en xullo de 2007, levárase a cabo no río Charles a competición de natación "Charles River Masters Swim Race ".Brown Charles Gets Green Light. En The Harvard Crismon. 20 de xullo de 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Haglund, Karl. Inventing the Charles River. MIT Press. 2003. [ISBN 9780262083072] Seasholes, Nancy S. Gaining Ground: A History of Landmaking in Boston. MIT Press. 2003. [ISBN 9780262194945] Tourtellot, Arthur B. The Charles. Courier Corporation. 2004. [ISBN 9780486492940]
Ligazóns externas Charles River Watershed Association Charles River Conservancy Charles River Swimming Club
Categoría:Ríos dos Estados Unidos de América