O caimán almiscreiro comúnDiccionario das ciencias da natureza e da saúde (C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, p. 720 (Paleosuchus palpebrosus), é unha especie de pequeno caimán suramericano presente en varios países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. É unha das especies da orde Crocodilia menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.

Etimoloxía e nome

O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico Paleosuchus vén do grego palaios 'antigo' e soukhos 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de caimáns hai uns 30 millóns de anos. O nome específico palpebrosus deriva do latín palpebra 'pálpebra' coa terminación latina osus 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores. O nome común de caimán anano de Cuvier que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.

Descrición e hábitat

Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de crocodilos máis pequena do mundo. Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Paleosuchus trigonatus Crocodilo anano

Ligazóns externas Jiménez, M. (1 de xaneiro de 2009): El caimán enano Paleosuchus palpebrosus. Extraído o 8 de abril de 2011 de http://www.damisela.com/zoo/rep/cocodrilos/enano/index.htm

Categoría:Aligatóridos Categoría:Animais descritos en 1807 Categoría:Réptiles de Bolivia Categoría:Réptiles do Brasil Categoría:Réptiles de Colombia Categoría:Réptiles de Ecuador Categoría:Réptiles de Güiana Categoría:Réptiles da Güiana Francesa Categoría:Réptiles de Paraguai Categoría:Réptiles do Perú Categoría:Réptiles de Suriname Categoría:Réptiles de Venezuela