O wayuu (en wayuu: Wayuunaiki), é unha lingua arauaca falada por 305 000 persoas do pobo wayuu, que habitan no noroeste de Venezuela e no nordeste de Colombia, na península da Guajira. O wayuu é unha das grandes linguas arauacas. Existen diferenzas mínimas dependendo da rexión da Guajira na que vivan os falantes. A meirande parte dos mozos wayuu tamén falan español de xeito fluído. A extinta lingua guanebuca puido ter sido un dialecto do wayuu.
Para promover a integración cultural e o ensino bilingüe entre os wayuu e os outros colombianos, o Centro Etnoeducativo Kamusuchiwo’u desenvolveu unha iniciativa para crear un dicionario ilustrado wayuunaiki–español, español–wayuunaiki. El Wayuunaiki impreso O wayuu está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en wayuu Ligazóns externas WayuuTribe.com -About the Wayuu People and Wayuu Art Brief explanation of the Wayuunaiiki language Spanish-Wayuunaiki dictionary
Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Venezuela Categoría:Linguas arauacas Categoría:Pobo wayuu