Fruit Ninja é un videoxogo desenvolvido por Halfbrick en Brisbane, Australia. Foi lanzado o 21 de abril de 2010 para dispositvos iPod Touch e iPhone, o 12 de xullo de 2010 para iPad, e o 17 de setembro de 2010 para dispositivos Android OS. Foi lanzado para Windows Phone o 22 de decembro de 2010. Ademais, en marzo de 2011, as versións para o Bada de Samsung e Symbian de Nokia comezaron a ser distribuídas nas súas respectivas canles oficiais. Xusto antes da E3 2011 Fruit Ninja Kinect foi lanzado para Xbox 360 o 10 de agosto de 2011 e emprega Kinect. Fruit Ninja tamén foi adaptado para Windows 8 o 7 de xuño de 2012. Existen versións con nomes alternativos, como Fruit Ninja HD para iPad, Fruit Ninja THD para Nvidia Tegra 2, Fruit Ninja VR para HTC Vive, e unha versión arcade chamada Fruit Ninja FX.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Australia Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de Symbian Categoría:Videoxogos de Windows Phone Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos de Kinect