Manuel Sousa Hermida, nado en Ponte Caldelas en 1906 e finado en Cidade de México o 10 de xaneiro de 1968, foi un xastre, militar e político galego.
Traxectoria Xastre en Ordes e militante socialista. Foi mestre de taller de Manuel Ponte e promoveu a academia musical dirixida por Higinio Cambeses.La Voz de Galicia, 30-6-1932, p.9. Membro da UGT e afiliado ao Partido Comunista de España en Barcelona. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi capitán do Corpo de Seguridade e Asalto. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia onde estivo internado no campo de concentración de Barcarès, desde o que solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Xunto co coronel Alberto Bayo adestrou militarmente aos que embarcaron no Granma para dar comezo á loita revolucionaria en Sierra Maestra.
Vida persoal Casou con Sara Castro Mosquera e foi pai de Manuel Repúblico (1931-2002), José Enrique (1932), Sara (1934-2003) e María del Carmen Sousa Castro (1935-2003). Volveu casar en México con Teresa Ruiz Galindo en 1945.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Departamento de Migración de México Manuel Sousa Hermida: de mestre de Manuel Ponte a companheiro do Che e de Fidel "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Ponte Caldelas Categoría:Nados en 1906
Categoría:Finados en 1968
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes