Marta Cristina Dahlgren Thorsell, nada en Vanersborg en 1941, é unha profesora e tradutora sueco-galega.

Traxectoria

dereita|miniatura|Dahlgren nunha imaxe de 2016.

Chegou a Galicia en 1967. Tras a crianza das dúas fillas (unha delas é a artista viguesa Elena Gómez Dahlgren), cursou estudos universitarios en Vigo e máis tarde en CompostelaUna sueca a la que le gusta decir «arre demo», entrevista en La Voz de Galicia o 1 de outubro de 2016. ; doutorouse con sobresaíante cum laude en Filoloxía Inglesa (coa tese Narrators and Reflectors in Works by William Faulkner) e quitou a praza como profesora titular de inglés na Universidade de Vigo, onde impartiu a docencia dende 1992 até a súa xubilación en setembro de 2009La hija del cura casado, reportaxe sobre a autora en El País o 19 de setembro de 2009. . Previamente, entre 1981 e 1992, exercera como profesora de inglés técnico na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo.

Aprendeu a lingua galega durante a súa etapa como profesora universitaria.

Na súa faceta de tradutora dende o sueco, foi galardoada en 2002 co premio de Tradución outorgado pola Área de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, pola obra Os irmáns de Corazón de León, traducida canda Liliana Valado; así mesmo, en 2016 recibiu o XV Premio Plácido Castro pola súa tradución ao galego de Kallocaína, unha novela de Karin BoyeUnha tradución directa do sueco ao galego gaña o XV Premio Plácido Castro, nova en Praza Pública o 24 de xuño de 2016.Marta Dahlgren recibiu en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución, nova en 'PontevedraViva.com. o 30 de setembro de 2016..

Até 2020, foi coeditora da revista especializada Vigo International Journal of Applied Linguistics.

Obra

Diario do paraíso (2026). Allariz: Aira. 192 páxs. ISBN 979-13-991007-7-8.

Traducións Cara ao galego Vivir no fin do mundoFicha da obra no Proxecto Meiga., de Christina Lilliestierna. Edicións Xerais de Galicia, 1983 (en colaboración con Camiño Noia). Reeditada en 2019 por Rinoceronte editora co título Vivir na fin do mundoVivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna, Caderno da crítica, 10 de agosto de 2019.. Os irmáns Corazón de León, de Astrid Lindgren. Edicións Xerais de Galicia, 2003 (en colaboración con Liliana Valado). Fagamos pola nosa lingua vocación de liberdade / narradores galegos do PEN / Let's Call Our Language Voice of Freedom: Prose writers of Galician PEN. Editorial Danú, 2005. Casa de bonecas, de Henrik IbsenFicha da obra na Biblioteca Nacional de España. . Edicións Xerais de Galicia, 2007. Mel de abellón, de Torgny Lindgren. Editorial Hugin e Munin, 2013. Kallocaína, de Karin Boye. Editorial Hugin e Munin, 2015. O xogo serio, de Hjalmar Söderberg. Editorial Hugin e Munin, 2017. Apropiación indebida. Unha novela sobre o amor, de Lena Andersson. Editorial Hugin e Munin, 2018. Herba abraiada, de Emily Dickinson. Rinoceronte Editora, 2019 (traducida conxuntamente con Manuel Forcadela). A xente de Hemsö, de August Strindberg. Editorial Hugin e Munin, 2019. As nosas normas, de Carl Jonas Love Almqvist, Editorial Hugin e Munin, 2021. O superdetective Blomkvist, de Astrid Lindgren. Rinoceronte Editora, 2023. Cartos, de Victoria Benedictsson. Editorial Hugin e Munin, 2023. A traizón, de Amalie Skram. Editorial Hugin e Munin, 2023 (traducida conxuntamente con Alejandro Tobar). A honrada estafadora, de Tove Jansson. Editorial Hugin e Munin, 2025.

Do galego ao inglés Metamorphoses. VV.AA. Escolma de poesía galega traducida tamén por Carys Evans-Corrales, John Burns, Celia de Fréine, John Rutherford, Alejandro E. Vásquez. Thalia Pandiri (editor), 2013, Northampton, MAFicha da obra en Galicianliterature.gal. .

Do galego ao sueco Hårsvall. Claudio Rodríguez Fer, A cabeleira (Poema en 60 idiomas). A tola soñando, núm. 1, 3ª edición ampliada, s. l. (Lugo), 2016.

Outras publicacións "Como é que son galega", no apartado O pobo elixido da revista Luzes, nº 41 (febreiro de 2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista á tradutora en La Voz de Galicia, publicada o 2 de xaneiro de 2002.

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados no condado de Västra Götaland Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores do sueco