Bon Iver, Bon Iver é o segundo álbum da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 17 de xuño de 2011 a través do selo Jagjaguwar nos Estados Unidos e de 4AD en Europa. O disco está formado por 10 cancións e foi visto como unha nova dirección musical do grupo.
O álbum foi un éxito comercial, estreándose no número 1 das listas norueguesa e danesa, e no número 2 da Billboard 200 estadounidense. Vendeu 104 000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos. Cara setembro de 2016 o disco levaba vendidas un total de 629 000 copias nos Estados Unidos. Recibiu recensións moi positicas dos críticos, algúns dos cales o consideraron un dos mellores discos de 2011. O álbum gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa en 2012, mentres que o tema "Holocene" foi nomeado ao premio de canción do ano e gravación do ano.
Listaxe de cancións
Caras b "I Can't Make You Love Me/Nick of Time" - Cara b do sinxelo "Calgary". "Come Talk to Me" - Cara b do sinxelo "Holocene". "Bruised Orange (Chain of Sorrow)" - Cara b do sinxelo "Towers". "Beth/Rest (Rare Book Room)" - Cara b do sinxelo "Beth/Rest".
Categoría:Álbums de Bon Iver Categoría:Álbums musicais de 2011 Categoría:Álbums producidos por Justin Vernon Categoría:Álbums de Jagjaguwar Categoría:Álbums de 4AD