miniatura|250px|Estufa Fría de Lisboa. A Estufa Fría é un xardín invernadoiro que se atopa no Parque Eduardo VII, entre a Alameda Engenheiro Edgar Cardoso e a Alameda Cardeal Cerejeira, en Lisboa.

O seu nome provén da súa orixe como unha zona de abrigo de plantas diversas sen usar, na zona fría, sistema de quecemento.

Descrición Consta de tres partes en preto de 1,5 hectáreas; a Estufa Fría propriamente dita, a Estufa Quente e a Estufa Doce. A área fría, a maior das tres con preto de 8 100 m², está cuberta cunha armazón de listóns de madeira que controla de xeito natural a temperatura e a luz no interior. Alberga especies como a azalea (Rhododendron spp.) ou a camelia (Camellia japonica), provenientes de diversos recunchos da Terra.

A zona da Estufa Quente ocupa preto de 3 000 m² e alberga especies tropicais como a cafeeira (Coffea sp.) ou a mangueira (Mangifera indica).

A Estufa Doce conta con especies pertencentes á familia dos cactos, e outras plantas suculentas, como o Áloe vera (Aloe vera).

Toda a Estufa está ornamentada con pequenos lagos e fervenzas e tamén estatuas.

Notas

Categoría:Lisboa