O Gran Premio de México de 1989 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 28 de maio de 1989. A carreira, que foi a cuarta da Fórmula Un de . Foi o 12º Gran Premio de México e o terceiro desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.

Clasificación A pre cualificación foi dominada de novo polos Brabhams calzados con Pirelli sendo Martin Brundle e Stefano Modena os máis rápidos. Alex Caffi foi terceiro no seu Dallara, mentres que Stefan Johansson, foi o derradeiro pre cualificado final no seu Onyx.

Na propia cualificación, o campión do mundo Ayrton Senna logrou a súa 33ª pole position, igualando a vella marca en poder de Jim Clark. O tempo da pole de Senna co seu McLaren - Honda V10 foi 0´408 máis lento que o seu tempo na pole en 1988 no McLaren MP4/4 turbo. O seu compañeiro de equipo en McLaren Alain Prost foi o segundo máis rápido e terceiro o Ferrari 640 V12 de Nigel Mansell. O compañeiro de equipo de Mansell Gerhard Berger, volvía á acción en México logo do seu accidente en San Marino, foi sexto, os Ferraris tiñan en medio ao March-Judd de Ivan Capelli e o Williams-Renault de Riccardo Patrese. Sorprendentemente, o compañeiro de equipo de Capelli Maurício Gugelmin non se cualificou. Berger, que aínda sufría os efectos do accidente de Imola, admitiu que si non fóra pola innovadora Transmisión semi-automática de Ferrari (o que significaba que non tiña que cambiar de marcha como cunha panca de cambios normal), non sería capaz de correr.

A última fila da grella foi sen dúbida a de mellor credenciais e a de máis experiencia na historia dos Grandes Premios. 25º foi o Ligier - Ford do gañador de 7 Grandes Premios René Arnoux, mentres que o 26º e último da grella foi o triplo campión do mundo Nelson Piquet no seu Lotus - Judd.

Carreira Senna elixiu o composto medio dos pneumáticos Goodyear "B" para a carreira, mentres que Prost elixiu os pneumáticos máis brandos do composto C coa esperanza de obter unha vantaxe de velocidade (moi confiado na súa posta a punto, Senna pasou o tempo antes da carreira na carpa de hospitalidade de Goodyear vendo as 500 millas de Indianápolis de 1989 na televisión). A pesar de saír polo lado sucio da pista en México, Senna fixo a mellor saída e foi capaz de liderar na primeira curva diante de Mansell, Prost, Berger, Patrese e o Tyrrell - Ford de Michele Alboreto. Con todo, todo isto non significaba nada Modena trompeou co seu Brabham na Peraltada na primeira volta golpeado polo Ligier de Olivier Grouillard e terminou contra a barreira de pneumáticos. Malia que o coche non estaba nunha posición perigosa, sacouse a bandeira vermella e a carreira tivo que ser reiniciada.

Senna liderou no reinicio sobre Prost, Berger, Mansell e os Williams de Patrese e Thierry Boutsen (Capelli vírase obrigado a empezar desde os pits por cambiar pezas do March logo de sairse e danar os freos na primeira volta da primeira saída). Prost, cos seus pneumáticos máis brandos dándolle un mellor agarre, pronto se puxo detrás do coche do seu compañeiro. Con todo, en México Prost comezou a cuestionar a potencia do seu Honda V10 en comparación co utilizado por Senna. Durante varias voltas Prost, claramente máis rápido a través da curva Peraltada ao final da recta principal, non podía meter presión a Senna malia estar na súa estela aerodinámica nos 1´2 km de lonxitude recta principal. De feito, o Mclaren # 1 afastábase coche # 2 na recta. Correr preto do seu compañeiro de equipo, finalmente, tivo un efecto prexudicial sobre os pneumáticos de Prost que pronto tivo que entrar a boxes para cambiar as gomas. O equipo McLaren, por un erro montou ao francés outro xogo de pneumáticos C en lugar dos B que debía montar. Prost non tardou en volver para outro cambio de pneumáticos e volveu entrar na carreira só uns segundos diante de Senna que agora tiña case unha volta de vantaxe sobre o seu rival máis próximo no campionato. Malia ter uns pneumáticos máis frescos que o seu compañeiro de equipo, Prost aínda perdíu terreo fronte a Senna e finalmente foi dobrado cando o brasileiro pasouno na recta principal, alimentando as acusacións de Prost de que os seus motores tiñan menos potencia en comparación con Senna. O xefe de McLaren Ron Dennis desculpouse máis tarde publicamente a Prost polo fallo na súa parada en boxes.

Ambos Ferraris correron ben ata que a carreira de Berger terminou na volta 16 cun fallo na transmisión, mentres que a caixa de cambios de Mansell durou ata a volta 43. Isto deixou ao Williams de Patrese en segundo lugar cun sorprendente Alboreto terceiro. Así foi como terminaron os tres primeiros con Alessandro Nannini cuarto no seu vello modelo Benetton B188 no cuarto lugar. O equipo Benetton esperaba ter o seu novo coche dispoñible en México, pero problemas co novo Ford V8 (como así como que Nannini estrelara o único coche terminado nunhas probas privadas) levaron a que o equipo aínda tivera que usar o seu coche e motor de . Prost, que máis tarde desdobrouse logo de que Senna deixarao pasar, terminou quinto e foi o último coche na volta do líder. O italiano Gabriele Tarquini finalizou 6º logrando o último punto da carreira no seu AGS - Ford, que en última instancia, foi o único punto da tempada.

Clasificación

Pre cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:21.770 — 2 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:22.211 +0.441 3 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:22.876 +1.106 4 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:23.288 +1.518 5 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:23.752 +1.982 6 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1.24.351 +2.581 7 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:24.392 +2.622 8 39 Volker Weidler Rial-Ford 1:24.966 +3.196 9 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:25.418 +3.648 10 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:25.658 +3.888 11 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:26.065 +4.295 12 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:26.754 +4.984 13 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1:34.357 +12.587

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:19.112 1:17.876 — 2 2 Alain Prost McLaren-Honda 1:20.401 1:18.773 +0.897 3 27 Nigel Mansell Ferrari 1:21.170 1:19.137 +1.261 4 16 Ivan Capelli March-Judd 1:24.720 1:19.337 +1.461 5 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:21.763 1:19.656 +1.780 6 28 Gerhard Berger Ferrari 1:21.564 1:19.835 +1.959 7 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:22.150 1:20.066 +2.190 8 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:21.456 1:20.234 +2.358 9 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:22.640 1:20.505 +2.629 10 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:23.245 1:20.601 +2.725 11 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:23.053 1:20.859 +2.983 12 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:23.066 1:20.873 +2.997 13 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:21.791 1:20.888 +3.012 14 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:21.561 1:20.888 +3.012 15 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:22.438 1:20.943 +3.067 16 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:22.014 1:21.031 +3.155 17 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:23.004 1:21.031 +3.155 18 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:22.553 1:21.105 +3.229 19 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:22.705 1:21.139 +3.263 20 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:23.375 1:21.217 +3.341 21 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:23.746 1:21.358 +3.482 22 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:24.181 1:21.471 +3.595 23 38 Christian Danner Rial-Ford 1:22.931 1:21.696 +3.820 24 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:23.427 1:21.716 +3.840 25 25 René Arnoux Ligier-Ford 1:24.890 1:21.830 +3.954 26 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:23.090 1:21.831 +3.955 27 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:26.567 1:21.935 +4.059 28 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:22.712 1:22.081 +4.205 29 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:25.651 9:27.789 +7.775 30 31 Roberto Moreno Coloni-Ford Sen tempo 3:34.095 +2:16.219

Carreira Pos Nº piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 69 1:35:21.431 1 9 2 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 69 + 15.560 5 6 3 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 69 + 31.254 7 4 4 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 69 + 45.495 13 3 5 2 Alain Prost McLaren-Honda 69 + 56.113 2 2 6 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 68 + 1 volta 17 1 7 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 68 + 1 volta 24   8 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 68 + 1 volta 11   9 7 Martin Brundle Brabham-Judd 68 + 1 volta 20   10 8 Stefano Modena Brabham-Judd 68 + 1 volta 9   11 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 68 + 1 volta 26   12 38 Christian Danner Rial-Ford 67 + 2 voltas 23   13 21 Alex Caffi Dallara-Ford 67 + 2 voltas 19 14 25 René Arnoux Ligier-Ford 66 + 3 voltas 25   15 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 66 + 3 voltas 18 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 53 Motor 22   Ret 27 Nigel Mansell Ferrari 43 Caixa de cambios 3 Ret 9 Derek Warwick Arrows-Ford 35 Eléctrico 10 Ret 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 35 Trompo 15 NC 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 28 Non clasificado 16   Ret 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 20 Suspensión 12   Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 16 Caixa de cambios 6 Ret 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 16 Transmisión 21   Ret 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 15 Eléctrico 8   Ret 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 9 Acelerador 14   Ret 16 Ivan Capelli March-Judd 1 Transmisión 4   NSC 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford         NSC 15 Maurício Gugelmin March-Judd         NSC 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini         NSC 31 Roberto Moreno Coloni-Ford         NSCP 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford         NSCP 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd         NSCP 17 Nicola Larini Osella-Ford         NSCP 39 Volker Weidler Rial-Ford         NSCP 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha         NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha         NSCP 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford         NSCP 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford         NSCP 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford        

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 27 2 Alain Prost 20 3 Nigel Mansell 9 4 Alessandro Nannini 8 5 Riccardo Patrese 6

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda47 2 Benetton-Ford11 3 Ferrari9 4 Williams-Renault9 5 Tyrrell-Ford7

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos de ambos grupos de clasificación.

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1989 Categoría:Gran Premio de México de Fórmula 1