A dos enoplometópidos (Enoplometopidae) é unha familia de crustáceos decápodos da suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos, a única integrante da superfamilia monotípica dos enoplometopoideos.

Segundo o Catalogue of Life, a familia comprende apenas un xénero vivente coñecido, Enoplometopus, con polo menos 12 especies validamente descritas distribuídas polos arrecifes das rexións de augas cálidas do Indo-Pacífico, do Atlántico tropical e do mar Caribe.

Taxonomía A taxonomía da infraorde dos Astacidea, incluíndo o agrupamento taxonómico ao que pertence a familia dos Enoplometopidae é complexa e está a ser constantemente revisada. É xeralmente discutida a subdivisión taxonómica deste grupo de organismos no que diferentes autores a consideran un número diferente de familias e mesmo de xéneros. O xénero Hoplometopus foi considerado sinónimo do xénero Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862,Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS. pasando así a familia a ser considerada como monotípica.

A clasificación sistemática aquí presentada ten como referencia a base de datos taxonómicos WoRMS na súa actualización de 2013.Enoplometopidae no WoRMS.

Subfilo Crustacea Brünnich, 1772 Clase Malacostraca Latreille, 1802 Subclase Eumalacostraca Grobben, 1892 Superorde Eucarida Calman, 1904 Orde Decapoda Latreille, 1802 Suborde Reptantia Infraorde Astacidea Latreille, 1802 Superfamilia Enoplometopoidea Saint Laurent, 1988 FamIlia Enoplometopidae Saint Laurent, 1988 Xénero Enoplometopus A Milne-Edwards, 1862 Enoplometopus antillensis Lütken, 1865 = Enoplometopus dentatus Miers, 1880 = Hoplometopus antillensis (Lütken, 1865) Enoplometopus callistus (Intès & Le Loeuff, 1970) = Enoplometopus biafri Burukovsky, 1972 = Hoplometopus callistus (Intès & Le Loeuff, 1970) Enoplometopus chacei Kensley & Child, 1986 Enoplometopus crosnieri Chan & Yu, 1998 Enoplometopus daumi Holthuis, 1983 Enoplometopus debelius Holthuis, 1983 Enoplometopus gracilipes (Saint Laurent, 1988) = Hoplometopus gracilipes Saint Laurent, 1988 Enoplometopus holthuisi Gordon, 1968 = Hoplometopus holthuisi (Gordon, 1968) Enoplometopus macrodontus Chan & Ng, 2008 Enoplometopus occidentalis (Randall, 1840) Enoplometopus pictus A. Milne-Edwards, 1862 Enoplometopus voigtmanni Türkay, 1989 = Hoplometopus voigtmanni Türkay, 1989

Notas

Véxase tamén

Bibliografía De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans . Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. Nova York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X. Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (Ed.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 284–292.

Outros artigos Decápodos Pleociemados Astacideos Enoplometopus

Ligazóns externas Enoplometopidae Saint Laurent, 1988 no WoRMS. Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS. Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no ITIS. Enoplometopoidea na ADW. Enoplometopidae na ADW. Enoplometopus na ADW. Enoplometopus na EOL.

Categoría:Astacideos