O Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 4 de xuño de 1989 en Phoenix (Arizona).

Informe Antecedentes En outubro de 1988, o concello de Detroit, Míchigan negouse a investir máis diñeiro para adaptar o circuíto de Detroit as novas regulacións da Fórmula 1. Isto provocou a cancelación da carreira de Detroit para a tempada de . O concello da cidade de Phoenix estaba interesado en acoller un grande evento deportivo para promover a cidade de Phoenix en todo o mundo. A carreira de Fórmula 1 entrou en xogo logo dun intento desesperado de Bernie Ecclestone de non perder o Gran Premio dos Estados Unidos. O 13 de xaneiro de 1989, o Consello da Cidade de Phoenix aprobou un contrato de cinco anos coa F1 para promover e executar a carreira, con data do evento o 4 de xuño. Era ben coñecido que o clima de Phoenix é moi quente en xuño, pero era a única data dispoñible porque conseguiu a carreira en pouco tempo. No xoves antes da cualificación, a Fórmula Atlántica, a categoría de apoio para a fin de semana, tivo a primeira sesión de práctica na nova pista antes de que chegasen os coches de Fórmula 1 ao circuíto para a precualificación as 8 da mañá do venres. A sesión da fórmula atlántica viu un par de problemas. Levantouse unha cuberta de sumidoiro e a superficie da pista na curva 10 ao final da recta traseira (Washington Street) comezou a romperse do mesma xeito que Detroit e Fair Park fixeran no pasado. Durante a noite, utilizouse cemento seco rápido para remendar a superficie rota, o cemento mantívose durante o resto da fin de semana.

Cualificación Na cualificación o venres, Ayrton Senna foi progresivamente máis e máis rápido, fixando un tempo 1.5 segundos por diante do McLaren do seu compañeiro de equipo Alain Prost e o resto dos participantes. O tempo do venres de Senna de 1:30.710 conseguiuno na segunda sesión e deulle a súa 34ª pole position da súa carreira, rompendo a marca de Jim Clark de 33 que igualara na carreira anterior en México.

Práctica libre Durante a práctica da mañá do sábado, Prost trompeou e foise contra unha parede e danou o monocasco e a caixa de cambios. Foi o primeiro monocasco que rompeu Prost desde que se unira ao equipo en . Entón Prost tivo que tomar o auto de reposto de Senna para a carreira. Alessandro Nannini estrelouse fortemente na sesión de quecemento da mañá e viuse obrigado a comezar a carreira non só no coche de reposto, senón tamén cun corsé debido a ter o pescozo moi dorido.Rob Walker, Road & Track page 82, edición de setembro de 1989

Carreira

Prost conseguiu pasar a Senna na saída, pero colleu unha fochanca na recta, facendo que as súas rodas patinasen e o motor cortara momentaneamente polo limitador de revolucións permitindo que Senna se adiantasee, pero ao final da primeira volta a súa vantaxe era de só 0´45 segundos. Nannini corría terceiro seguido por Nigel Mansell, Alex Caffi, Stefano Modena, Martin Brundle, Gerhard Berger, Andrea de Cesaris e Michele Alboreto. O pescozo de Nannini só aguantou 10 voltas antes de entrar en boxes para retirarse. Era terceiro ata que un trompo na volta catro deixouno oitavo e retirouse logo de non ser capaz de soster a súa cabeza correctamente e queixándose de mareos. Logo de 16 voltas, a vantaxe de Senna sobre Prost era de 4´25 segundos. Repentinamente dobrou a diferenza na seguinte volta, cando o motor de Prost empezou a sobrequentarse, obrigando ao francés a levantar o pé do acelerador unhas cantas voltas nun intento por recuperar as temperaturas da auga e da gasolina. Malia a posición aparentemente dominante de Senna, Prost seguiu confiando en gañar, xa que notara que o seu McLaren respondía mellor que o do seu compañeiro de equipo. Razoou que máis adiante na carreira o seu único problema sería conseguir pasalo.

A diferenza entre os dous McLarens variou a medida que avanzaban no tráfico, pero na volta 29, Prost pechou a diferenza cando Senna sufriu un fallo de encendido. O problema desapareceu momentaneamente, e Senna fixo a volta rápida da carreira, pero apareceu de novo, peor que antes. Na volta 34, con Prost só un segundo atrás, Senna fixo un xesto ao seu compañeiro de equipo para que pasara e logo entrou en boxes.

Logo de dúas paradas en boxes para cambiar a caixa negra, a batería e as buxías, e con sucesivas voltas rápidas entre eles, Senna retirouse na volta 44. Foi a súa primeira retirada debido a un fallo do motor Honda e o primeiro fallo do seu motor V10 en condicións de carreira. Tamén foi a segunda vez en 21 carreiras con McLaren que fallaba un motor de Honda, o primeiro foi cando o turbo de Prost reventou a metade do Gran Premio de Italia de 1988, a única carreira da tempada de que McLaren non gañou.

Alex Caffi, que comezara sexto no seu Dallara - Ford calzado con Pirelli, subiu ata o segundo posto coa retirada de Senna. Unha parada para poñer pneumáticos novos, logo de ser pasado por Berger (cuxas palmas aínda estaban en carne viva e doridas debido ao seu choque en Imola soamente seis semanas antes), fíxoo caer dous postos máis á quinta. Con todo, ao intentar pasar ao seu compañeiro de equipo de Cesaris, de Cesaris dobrou cara a dentro, botando a Caffi contra o muro e deixándoo fóra da carreira. Logo da carreira de Cesaris dixo que simplemente non viu Caffi e nin sequera sabía que batera no muro ata logo da carreira. De Cesaris continuou no 8º posto. O Ferrari de Berger sufriu a rotura do alternador (significando que no llegaba potencia á transmisión semiautomática) 9 voltas logo da retirada de Caffi. Os reporteiros trataron de entrevistar a Berger, pero o seu mecánico pechou a porta do garaxe, xusto antes de que a porta do garaxe pechásese. O reporteiro de boxes de ESPN viu a Berger salpicado de auga.

Ao longo da carreira, Riccardo Patrese, Ivan Capelli e Eddie Cheever estiveran moi próximos. Cando Capelli retirouse na volta 21 cun fallo na caixa de cambios, Patrese e Cheever continuaron a batalla. Logo da volta 51, a pelexa foi polo segundo lugar, con Patrese por diante. Malia un problema co combustible do seu motor, Cheever retouno nas voltas finais ata que os seus freos dianteiros e un freo traseiro fallaron. Terminou en terceiro lugar.

Como se predixo, o límite de tempo de dúas horas foi alcanzado logo de 75 das 81 voltas programadas, e Prost logrou o seu único triunfo nos Estados Unidos (logo de non gañar en Watkins Glen, Long Beach, Las Vegas, Detroit ou Dallas), e aumentou a súa entón mellor marca de todos os tempos de 36 vitorias e a súa primeira vitoria cun motor atmosférico (a súa única outra tempada na F1 sen potencia de turbo fora a súa tempada de novato con McLaren en cando o equipo usou o Cosworth DFV Motor V8). Tamén tomou unha vantaxe de dous puntos sobre Senna, no Campionato de Pilotos, que finalmente gañou. O segundo posto de Patrese foi o seu segundo seguido. Logo de loitar na práctica, a cualificación e o quecemento, e partindo do posto 14, Patrese e o director técnico Patrick Head lograron unha boa configuración e finalmente conseguirono para a carreira. O terceiro posto de Eddie Cheever foi o noveno e último podio da súa carreira na F1. Christian Danner beneficiouse das retiradas por diante del para lograr o cuarto lugar para Rial Racing. Foi o seu mellor final de carreira e coincidiu co mellor final da historia para o equipo.

Clasificación

Pre Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.293 2 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.992 +0.699 3 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:33.768 +1.475 4 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:33.924 +1.631 5 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:34.281 +1.988 6 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1.35.110 +2.817 7 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:35.805 +3.512 8 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:36.470 +4.177 9 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:36.498 +4.205 10 39 Volker Weidler Rial-Ford 1:36.583 +4.290 11 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:36.610 +4.317 12 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:37.776 +5.483 13 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:45.530 +13.237

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:30.108 1:30.710 2 2 Alain Prost McLaren-Honda 1:31.620 1:31.517 +1.409 3 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:32.924 1:31.799 +1.691 4 27 Nigel Mansell Ferrari 1:31.927 1:33.383 +1.819 5 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:32.750 1:31.960 +1.852 6 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:32.819 1:32.160 +2.052 7 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:34.267 1:32.286 +2.178 8 28 Gerhard Berger Ferrari 1:33.697 1:32.364 +2.256 9 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:33.377 1:32.491 +2.383 10 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:32.640 1:32.492 +2.384 11 16 Ivan Capelli March-Judd 1:36.136 1:32.493 +2.385 12 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:34.721 1:32.562 +2.454 13 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:33.061 1:32.649 +2.541 14 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:34.523 1:32.795 +2.687 15 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:34.794 1:33.031 +2.923 16 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:35.227 1:33.044 +2.936 17 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:33.214 1:33.361 +3.106 18 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:35.236 1:33.324 +3.216 19 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:34.637 1:33.370 +3.262 20 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:34.636 1:33.724 +3.616 21 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:34.748 1:33.741 +3.633 22 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:33.745 1:33.804 +3.637 23 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:35.188 1:33.782 +3.674 24 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:34.455 1:33.790 +3.682 25 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:35.377 1:33.806 +3.698 26 38 Christian Danner Rial-Ford 1:35.453 1:33.848 +3.740 27 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:35.124 1:34.153 +4.045 28 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 2:10.795 1:34.352 +4.244 29 25 René Arnoux Ligier-Ford 1:35.823 1:34.798 +4.715 30 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:35.771 1:35.496 +5.388

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Alain Prost McLaren-Honda 75 2:01:33.133 2 9 2 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 75 + 39.696 14 6 3 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 75 + 43.210 17 4 4 38 Christian Danner Rial-Ford 74 + 1 volta 26 3 5 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 74 + 1 volta 25 2 6 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 74 + 1 volta 16 1 7 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 73 Motor 24 8 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 70 + 5 voltas 13 9 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 69 Sen combustible 21 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 61 Alternador 8 Ret 21 Alex Caffi Dallara-Ford 52 Colisión 6 Ret 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 52 Trompo 22 Ret 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 50 Suspensión 19 Ret 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 46 Motor 20 Ret 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 44 Eléctrico 1 Ret 7 Martin Brundle Brabham-Judd 43 Freos 5 Ret 8 Stefano Modena Brabham-Judd 37 Freos 7 Ret 27 Nigel Mansell Ferrari 31 Alternador 4 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 26 Motor 15 Ret 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 24 Acelerador 23 Ret 16 Ivan Capelli March-Judd 22 Transmisión 11 DSC 15 Maurício Gugelmin March-Judd 20 Descualificado 18 Ret 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 17 Caixa de cambios 9 Ret 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 10 Problemas físicos 3 Ret 9 Derek Warwick Arrows-Ford 7 Colisión 10 Ret 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 3 Trompo 12 NSC 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford         NSC 31 Roberto Moreno Coloni-Ford         NSC 25 René Arnoux Ligier-Ford         NSC 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini         NSCP 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford         NSCP 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford         NSCP 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd         NSCP 17 Nicola Larini Osella-Ford         NSCP 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford         NSCP 39 Volker Weidler Rial-Ford         NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha         NSCP 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha         NSCP 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford        

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 29 2 Ayrton Senna 27 3 Riccardo Patrese 12 4 Nigel Mansell 9 5 Alessandro Nannini 8