Enoplometopus é un xénero de crustáceos decápodos da suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos, o único da superfamilia dos enoplometopoideos e da súa única familia, a dos enoplometópidos.

Segundo o WoRMS, o xénero comprende 12 especies validamente descritas distribuídas polos arrecifes das rexións de augas cálidas do Indo-Pacífico, do Atlántico tropical e do mar Caribe.Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS.

Características As especies do xénero Enoplometopus encóntranse desde os arrecifes de coral, a profundidades de menos de 1 m, até os arrecifes rochosos, a profundidades superiores aos 300 m.

Os animais integrados neste xénero presentan unha coloración corporal brillante, con riscos, aneis ou manchas. As marcas son tipicamente de coloración avermellada, alaranxada, purpúrea ou branca. Son como lumbrigantes pequenos que, dependendo da especie, non pasan dos 10–13 cm de lonxitude. Animais nocturnos, permanecen agochados durante o día en grutas e fendas, e son de comportamento tímido. As especies poden ser identificadas pola súa coloración e a súa morfoloxía.Helmut Debelius (2001): Crustacea: Guide to the World. Frankfurt am Main: IKAN, Unterwasserarchiv. ISBN 978-3-931702-74-8. pp. 44–54, 200–205.

Como consecuencia das cores vivas que exhiben, as especies pertencentes a este xénero son populares en acuariofilia, sendo obxecto dun importante comercio. As capturas sen regulación adecuada, combinadas coa destrución dos arrecifes de coral onde habitan, pode constituír unha seria ameaza para algunhas especies. Debido a incerteza sobre o impacto desas potenciais ameazas, a maioría das especies están consideradas como DD (especie con datos insuficientes) pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN); tan só a situación de dúas especies, Enoplometopus antillensis e E. occidentalis, está cualificada como LC (pouco preocupante).T. Y. Chan & R. Wahle (2009): Especies do xénero Enoplometopus na Lista vermella da UICN. Versión 2016-2. Consultada o 27 de novembro de 2016.

Os crustáceos pertencentes a este xénero distínguense dos lumbrigantes comúns, que pertencen á familia dos nefrópidos, por presentaren quelas (pinzas) completas só no primeiro par de pereiópodos, cos segundo e terceiro pares de patas apenas subquelados, isto é, co último segmento do membro a pechar por presión contra unha curta proxección do penúltimo segmento. Os lumbrigantes comúns presentan quelas nos primeiros tres pares de pereiópodos. Os machos, ao contrario do que ocorre entre os lumbrigantes, presentan un lóbo extra no segundo pleópodo, que se cre que poida ter algunha función na reprodución. Outra característica distintiva das especies pertencentes ao xénero Enoplometopus é a presenza dun suco cervical pouco profundo, suco que no caso dos lumbrigantes da familia dos nefrópidos é profundo.

Especies Enoplometopus antillensis Lütken, 1865 Enoplometopus callistus Intès & Le Loeuff, 1970 Enoplometopus chacei Kensley & Child, 1986 Enoplometopus crosnieri Chan & Yu, 1998 Enoplometopus daumi Holthuis, 1983 Enoplometopus debelius Holthuis, 1983 Enoplometopus gracilipes (de Saint Laurent, 1988) Enoplometopus holthuisi Gordon, 1968 Enoplometopus macrodontus Chan & Ng, 2008 Enoplometopus occidentalis (Randall, 1840) Enoplometopus pictus A. Milne Edwards, 1862 Enoplometopus voigtmanni Türkay, 1989

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans . Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. Nova York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X. Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (Ed.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 284–292.

Outros artigos Decápodos Pleociemados Astacideos Enoplometópidos

Ligazóns externas Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no WoRMS. Enoplometopus A. Milne-Edwards, 1862 no ITIS. Enoplometopus na ADW. Enoplometopus na EOL. Especies do xénero Enoplometopus na Lista vermella da UICN.

Categoría:Astacideos