Pinkwashing (lavado rosa ou lavado de imaxe rosa) é un préstamo lingüístico (do inglés pink, rosa, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto dos dereitos LGTB, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á fomento de produtos, empresas ou institucións apelando á súa amabilidade cara aos gais. Pinkwashing en Venezuela. Público.es. 15 de abril de 2013. El pinkwashing de la homófoba Cifuentes. Público.es. 26 de agosto de 2015.
A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe do Estado de Israel que, promovendo á súa poboación LGTBI, disfraza a violación sistemática dos Dereitos Humanos da poboación palestina. Foreign Ministry promoting Gay Israel. The Jerusalem Post. 26 de outubro de 2006. Israel's gay propaganda war. The Guardian. 1 de xullo de 2010. A través de proxectar a aparencia de ser un territorio simpatizante LGTB, a poboación LGTBI pode chegar a sentirse identificada coas posicións políticas do Estado (homonacionalismo), participar da islamofobia institucionalizada ao considerar que a poboación musulmá é necesariamente homófoba ou obviar a discriminación sufrida no seu propio país. Israel and ‘Pinkwashing’. The New York Times. 22 de novembro de 2011.“Pinkwashing” y el lavado de imagen de Israel. El Quinto Poder. 11 de xaneiro de 2014.
O termo foi orixinalmente proposto pola Breast Cancer Action para identificar ás empresas que aseguraban apoiar ás mulleres con cancro de mama, mentres que en realidade pretendían obter maiores beneficios e mellorar a súa imaxe de marca ao incorporar á súa publicidade unha causa caritativa. Think before you Pink. Breast Cancer Action. Pastel Injustice: The Corporate Use of Pinkwashing for Profit. Environmental Justice. 2011.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Capitalismo rosa Homonacionalismo Homofobia liberal Greenwashing Purplewashing Redwashing Voto rosa
Categoría:Activismo LGTB Categoría:Economía LGTB Categoría:Política LGTB Categoría:Anticapitalismo Categoría:Capitalismo Categoría:Mercadotecnia